O alcalde destaca que as empresas de referencia mundial fan da Coruña unha marca global
O alcalde, Javier Losada, destacou que as empresas de referencia mundial, primeiras firmas internacionais que elixen a cidade como sede e destino, fan da Coruña unha marca global, unha marca de prestixio que se sitúa nun lugar preferente no escaparate empresarial a nivel mundial.
No acto de colocación da primeira pedra de Marineda Plaza, o grande espazo comercial e empresarial que contará con centros como IKEA e El Corte Inglés, asà como outras primeiras marcas internacionais, o alcalde avalou un proxecto que redunda en beneficio da cidade e a súa área metropolitana, que supón un polo de atracción para a contorna e que representa unha grande oportunidade para xerar emprego.
Por iso, Javier Losada quixo subliñar a relevancia desta iniciativa privada, que supón un investimento de 450 millóns de euros e que representan máis do orzamento do Porto Exterior.
Investimento público e privado
"Poñemos a primeira pedra dun dos maiores complexos empresariais e comerciais de Europa, cun investimento privado de 450 millóns de euros, á vez que construÃmos o Porto Exterior, cun investimento de 429 millóns de euros, na que é a obra de enxeñerÃa civil máis complexa e de maior envergadura nestes momentos en Europa. Ésta é a verdadeira magnitude das obras que se inician", indicou o alcalde.
Neste sentido, puxo en valor a importancia de contar con investimento público e investimento privado para facer cidade, como garantÃa de crecemento económico e desenvolvemento social. Todo iso, en palabras de Javier Losada, responde a un "proxecto de cidade firme e decidido, seguro, estable e con garantÃas de futuro".
Acerto de modelo económico
"É a demostración de que acertamos cando eliximos un modelo baseado na diversificación económica: apostando por todos os sectores, sempre abertos ás distintas alternativas empresariais, co fin de garantir o noso crecemento e un desenvolvemento sostido e continuado", dixo o alcalde, á vez que engadiu que as empresas máis punteiras elixen A Coruña pola calidade de vida e o atractivo que ofrece.
Javier Losada apuntou que este proxecto é un piar máis para seguir sendo o motor económico e social de Galicia, polo que lles agradeceu aos empresarios coruñeses por apostar pola súa propia cidade para esta iniciativa, que segundo os datos da empresa supón crear 4.500 postos de traballo directos e 8.000 indirectos.
Marineda Plaza en cifras
Marineda Plaza abrirá no ano 2010 e é promovido pola empresa coruñesa Invest Cos, cun investimento de 450 millóns de euros, nunha parcela da Grela de 196.000 metros cadrados.
O centro comercial ocupará 100.000 metros cadrados (230 locais); El Corte Inglés (450.000 metros cadrados); IKEA (30.000 metros cadrados); un edificio de oficinas (15.000 metros cadrados), e un hotel (6.000 metros cadrados).
Haberá máis de 6.000 prazas de aparcadoiro. Conta cunha praza central de 14.000 metros cadrados.
EstÃmanse 15 millóns de visitas anuais. Supón a creación de 4.500 postos de traballo directos e 8.000 indirectos.
Será a primeira tenda de IKEA en Galicia, cunha superficie comercial de 30.000 metros cadrados, repartidos en dúas plantas de vendas e tres de aparcadoiro. El Corte Inglés será o segundo da cidade. O hotel, de catro estrelas, terá 110 habitacións.





Comentarios
éste es tonto
Publicado por: julio | Febreiro 6, 2009 3:51 PM