O presidente da Xunta salienta que nesta lexislatura o financiamento universitario aumentou nun 40%, mentres que o financiamento por alumno subiu nun 89%
O presidente da Xunta subliñou hoxe que nesta lexislatura o Goberno galego incrementou nun 40% o financiamento das universidades galegas, mentres que o financiamento por universitario se incrementou nun 89%. Asà o destacou Emilio Pérez Touriño na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que hoxe autorizou o investimento de "case 21 millóns de euros adicionais no Plan de financiamento das universidades 2005-2010".
O presidente galego lembrou que as universidades fixeran públicas as súas dificultades "en relación coa aplicación do plan de financiamento que no seu momento firmaran, o vixente, e que eu me comprometera a complementar o financiamento para este curso", obxectivo que se materializa con este acordo do Consello da Xunta.
Emilio Pérez Touriño explicou que a partida adicional ascende concretamente a 20,7 millóns de euros, que se reparten de acordo con criterios obxectivos entre as tres universidades galegas. Ademais, concretou que 9 millóns de euros constitúen financiamento incondicionado, que 8 millóns están "condicionados directamente a aplicación do Espazo Europeo de Educación Superior", mentres que os restantes destinaranse "ao esforzo en I+D, e mellora nos parámetros de calidade, excelencia educativa e investigadora". É dicir, engadiu o presidente, que estes fondos "están ligados a obxectivos e parámetros que queremos incluÃr no novo plan de financiamento".
Novo colexio en LalÃn e avances cara á Cidade do Mar
O titular da Xunta destacou a autorización hoxe polo Consello do investimento de 5,4 millóns de euros na construción dun novo edificio do colexio Xesús Golmar de LalÃn. Pérez Touriño remarcou a importancia desta actuación, xa que o centro contará con "12 aulas de infantil e 18 de primaria, ademais de cociña, comedor e ximnasio".
Resaltou ademais da aprobación "dun paso máis na Cidade do Mar", logo de que o Consello da Xunta lle dese luz verde ao inicio do procedemento de exposición pública do plan sectorial de ordenación territorial do campus cientÃfico-tecnolóxico da Cidade do Mar de Vigo. O xefe do Goberno galego lembrou que recentemente a Xunta asinou os respectivos convenios coas institucións implicadas na Cidade do Mar, "o que permitiu abrir as portas, dentro dos lÃmites razoables, aos veciños do barrio de Teis", e autorizou á ConsellerÃa de Educación a poñer en marcha o proxecto sectorial, co que "agora damos un paso máis".
Sete millóns de euros para reforzar o Noitebús
O titular da Xunta deu conta de que o Goberno galego aprobou hoxe un investimento de case 7 millóns de euros para "manter e reforzar" o servizo de Noitebús durante o segundo semestre de 2009 e o primeiro semestre de 2010. Emilio Pérez Touriño salientou que ata o momento este servizo de transporte público nocturno "foi utilizado por 342.000 usuarios", e indicou que a Xunta pretende "consolidar como mÃnimo as 176 rutas que actualmente están en servizo".
O xefe do Executivo autonómico resaltou que a Xunta subvenciona o 90% do Noitebús, e enfatizou o interese do Goberno galego por "seguir potenciando o transporte público, e neste caso, en seguir potenciando un servizo que revelou a súa utilidade e que permite que sexa utilizado de maneira masiva".
Ordenación dos recursos e xestión dos parques naturais
Emilio Pérez Touriño salientou que o Goberno galego aprobou tamén hoxe dous plans de actuación relacionados con dous parques naturais galegos, que supoñen avances na ordenación dos seus recursos e na súa xestión. En primeiro lugar referiuse á aprobación do Plan de ordenación dos recursos naturais Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, medida que dá un "paso imprescindible na dotación e na xestión" deste parque natural, na medida en que supón "ordenar, catalogar e avaliar os recursos naturais do Parque Baixa Limia-Serra do Xurés".
Nese sentido, destacou que este plan inclúe a ampliación do parque nun total de 9.000 hectáreas adicionais, coa integración voluntaria dos concellos que faltaban, Bande, Lobeira e Calvos de RandÃn, que se suman deste xeito aos de Entrimo, Lobios e MuÃños. Touriño remarcou a importancia de que estes concellos "pediron e solicitaron desde o consenso a súa adhesión", de maneira que se dá "un paso na consolidación desa gran área protexida, que ten carácter internacional, que interconecta co parque portugués do Gêres, e que ten un total de 100.000 hectáreas". O presidente da Xunta lembrou ademais que ambos parques teñen solicitado conxuntamente ante a Unesco a declaración de Reserva da Biosfera.
En relación co Parque Natural de Monte Aloia, Touriño informou de que o Consello da Xunta aprobou hoxe o Plan reitor de uso e xestión, o que converte este parque no primeiro dos seis de competencia autonómica no que se completa o procedemento. O presidente galego salientou que este plan reitor ten tres eixes, un dos cales se refire á conservación da biodiversidade, "onde o fundamental xustamente é esa tarefa, de conservación do ecosistema"; o segundo está relacionado cos aproveitamentos forestais, "o que permitirán a rexeneración forestal, a defensa contra os incendios, e regula a utilización da masa forestal do parque"; e, finalmente, un programa de uso público, que inclúe "avaliación da calidade de acollida, programas de itinerario, sinalización e axudas e compensacións económicas".
Pérez Touriño destacou que o conxunto destas actuacións supón un investimento de 8 millóns de euros, dos cales 6,3 se corresponden coa ordenación do Parque da Baixa Limia, e case 2 millóns se destinan ao Parque do Monte Aloia.
Dous novos centros de saúde e terceiro helicóptero medicalizado
Na súa comparecencia ante os medios, Pérez Touriño resaltou que o Goberno galego destinará 2,5 millóns de euros á construción de dous novos centros de saúde, un deles no concello de A Capela, e outro en Ames. Apuntou que o centro de saúde de A Capela terá as caracterÃsticas propias dun concello pequeno (1.400 habitantes), mentres que o de Ames será maior, e suporá un investimento superior aos 2 millóns de euros.
Ademais, o máximo mandatario autonómico salientou que o Consello da Xunta autorizou o contrato da Axencia Galega de Emerxencias, dependente da ConsellerÃa de Presidencia, para dotarse "dun terceiro helicóptero medicalizado de atención ás emerxencias da Comunidade". Touriño afirmou que este novo helicóptero permite "un mapa de isócronas, de igualdade de servizo, en todo o territorio da Comunidade Autónoma".




