O tempo

Neste día, os restos dunha fronte deixarán unha mañá con algunhas nubes no extremo norte, que serán máis compactas na Mariña onde non descartamos algunha chuvia moi feble ao longo do día. No resto de Galicia os ceos permanecerán practicamente despexados. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Os ventos soprarán do nordés, frouxos no interior e moderados no litoral, con refachos fortes no norte da Coruña cara á tarde.
Vento do nordés, frouxo no interior e moderado no litoral, con refachos fortes no norte da Coruña cara á tarde.
Temperatura:
Temperatura mínima sen cambios, con xeadas febles en comarcas do interior e máximas en descenso lixeiro.
Néboas:
Bancos de néboa matinais en comarcas do interior.
Estado do Ceo:
Ceos con algunhas nubes durante a mañá no extremo norte, sen descartar algunha chuvia moi feble na Mariña ao longo do día e practicamente despexados no resto.




