Economistas

A postura de Núñez contra o ensino en galego é o "primeiro gran paso atrás para a lingua desde a chegada da democracia"

bandeiragalega-260-172.jpg

A Mesa pola Normalización Lingüística considera que as medidas anunciadas por Alberto Núñez contra o ensino en galego atentan contra toda a lexislación en materia lingüística da etapa democrática. Para o presidente da asociación en defensa do idioma, Carlos Callón, trátase "do primeiro gran paso atrás para a lingua desde a chegada da democracia" e un "atentado contra principios básicos recollidos no Estatuto".

Por iso, a asociación, que vai celebrar a súa asemblea xeral o próximo 28 de marzo, chama a toda a sociedade galega a unirse á manifestación que percorrerá as rúas de Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio, unha cita que "ten que ser histórica" para parar a "involución lingüística" que intenta impor o Partido Popular.

A Mesa quere ser a "casa común" en defensa do idioma, por iso convoca a vindeira segunda feira (luns), 9 de marzo, na Galería Sargadelos de Compostela, unha reunión aberta a todas as asociacións e colectivos que queiran defender a lingua para definir os próximos pasos a dar e para conseguir a implicación de toda a sociedade galega na marcha polo galego. O ano pasado máis de 500 entidades apoiaron a manifestación do 18 de maio, que so o lema "Polo dereito a vivirmos en galego" congregou máis de 25.000 persoas en Santiago. O obxectivo é que este ano se sumen aínda máis entidades, tras a ruptura unilateral por parte do PP de "todos os consensos históricos en favor da lingua e que contaron co respaldo unánime de toda a comunidade educativa", tal e como manifestou Carlos Callón esta mañá nunha conferencia de imprensa na que tamén participaron Iria Taibo, secretaria xeral da Mesa, e Fran Rei, coordinador de Zonas da asociación.

O presidente da Mesa recordou que o actual decreto de galeguización do ensino (124/2007) que agora quere derrogar o PP contou no seu momento co apoio dos tres grupos parlamentares, incluído o propio Partido Popular, así como do Consello Escolar de Galiza, os sindicatos que representan ao 90 por cento do profesorado, a confederación de centros educativos católicos concertados, a Federación de ANPAS públicas, todos os movementos de renovación pedagóxica e todas as asociacións de estudantes con presenza en Galiza, entre outros colectivos.

Carlos Callón, quen anunciou que A Mesa vai solicitar reunións tanto con Feijóo como cos futuros responsábeis de Política Lingüística e de Educación en canto tomen posesión, recordoulle ao próximo presidente da Xunta que "a crise non se resolve atacando á cultura e ao noso ADN como pobo, que é unha das potencialidades de Galiza e elemento de cohesión". "O feito de gañar as eleccións non fai que as mentiras se volvan realidade, como cando falan da imposición do galego", sinalou o presidente da Mesa.

Callón recordou que tanto o uso do galego polo alumnado nas materias de impartición nesta lingua como o emprego de materiais neste idioma non son novidades do decreto aprobado no 2007, senón que xa estaba incluído no decreto do 95, impulsado polo goberno de Manuel Fraga, "igual que nas diferentes ordes e decretos aprobados para protexer o galego no sistema educativo tras o final da Ditadura, tamén gobernando Alianza Popular ou o Partido Popular".

"Se as materias son impartidas en galego non é para que o profesorado teña que practicar a lingua, senón para que o alumnado adquira as competencias neste idioma, que é un dos obxectivos básicos da escolarización", sinalou o presidente da Mesa pola Normalización. "Os estudantes o que teñen é que formarse, ese é o seu dereito", apuntou Callón, quen recordou que "Núñez vai en contra de todas as normas sobre galeguización do ensino impulsadas na democracia, volvendo á situación do tardofranquismo", sinalou, en referencia ás normas legais que, aínda estando vivo o ditador, comezaron a autorizar o ensino nesta lingua.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg