Economistas

Da demagoxia ao disparate: O amor de Núñez ao galego no ensino

bandeiragalega-260-172.jpgNos louvores ao presidente da sucursal do PP en Galiza e próximo presidente da Xunta enxálzase sempre a súa capacidade para a oratoria, aínda que os críticos lembren tamén aquel consello en forma de reprimenda que no seu día lle dera a súa correlixionaria Loyola de Palacio: "cando falas, pareces un pouco chulo". Poden ser plausíbeis os continentes dos seus discursos, mais os contidos non agoiran nada bo para esta lexislatura que aínda non comezou, aínda que o pareza polas constantes recepcións institucionais ao presidente in pectore, que non presidente electo. A demagoxia e o cinismo constitúense como os eixos centrais de Alberto Núñez Feijóo. As súas diarias declaracións sobre o galego no sistema educativo son boas mostras.

Ao mesmo tempo que se manifesta como un amante da lingua e disque o seu primeiro defensor, anuncia que a primeira medida do seu goberno será derrogar o decreto que regula que ao menos a metade das materias do ensino non universitario deben ministrarse na lingua propia de Galiza. Mentres, o cabeza de lista do seu partido pola circunscrición da Coruña amosa a súa intención de derrogar a Lei de normalización lingüística, cuxo artigo 10 (o único taxativo desta norma) sinala que os nomes de lugar galegos terán como forma oficial a galega, e que é un aspecto básico do recoñecemento da lingua propia e natural de Galiza.

Amores que matan

Non debería sorprendernos a posibilidade de que a persoa que asuma as responsabilidades de cultura e educación -ou o que aglutine a tal probábel nova macroconsellaría- no novo goberno sexa alguén de rostro "amábel", lonxe das fobias dun Carlos Negreira ou do histrionismo dun López Chaves. Alguén que manifeste día si e día tamén perante os micrófonos o seu intenso amor pola cultura galega mentres vai desfacendo os adiantos conseguidos para a nosa lingua, non só nesta última lexislatura do bipartito, senón mesmo ao longo de toda a etapa autonómica.

Temos que ser conscientes da situación histórica en que nos encontramos, neste "plan de extinción do galego", que con exactitude definiu Manuel Rivas. O PP, con certeza, quere ensaiar en Galiza un proceso de desmantelamento da cooficialidade dunha lingua, que xa tentou en maior ou menor grao con anterioridade en Nafarroa e nas Illes Balears, lugares onde ao final tivo que recuar. De nós, da nosa capacidade de mobilización, por exemplo o 17 de maio, dependerá que tamén en Galiza poidamos detelo. Se non nos activamos e volvemos pensar, como moitas e moitos ao comezo da campaña electoral, que todo está feito ou que todas estas afirmacións non pasan de globos sonda, mal andaremos.

Que pasará co galego no ensino?

A promesa de eliminar as medidas de promoción do galego en todo o ensino non universitario, tanto a través das Galescolas como do decreto 124/07, son repetidas a diario polos dirixentes do PP, especialmente por Núñez Feijóo. Tanto lles ten que a comunidade educativa respalde estas medidas e que a "imposición del gallego" sexa só unha ladaíña inventada por eles e os seus grupos de comunicación. Lembrémolo máis unha vez, porque é importantísimo: este decreto foi respaldado polo Consello Escolar de Galiza, polos sindicatos que representan o 90% do profesorado, por todas as organizacións estudantís actuantes no noso país, por todos os movementos de renovación pedagóxica, pola federación dos 125 centros católicos concertados e pola federación pública de asociacións de nais e pais. Vai ser capaz o PP de presentar un decreto cun maior respaldo que o que conseguiu o que agora está en vigor?

As palabras de Núñez Feijóo ao respecto do galego no ensino son, ademais de demagóxicas, tamén moi confusas. Xa na campaña electoral realizaba promesas que se contradicían entre si para tentar achegarse a diferentes sectores, contentando os grupos máis ultras que están contra o galego, non tanto pola implantación social destes colectivos (moi minoritaria), senón pola forza dos poderes fácticos, mediáticos e económicos, que os sustentan, que si é decisiva e aplastante. Porén, ao mesmo tempo, Núñez Feijóo tentaba tamén distanciarse esteticamente dalgunhas destas posturas ultramontanas, para non perder outras bolsas de votantes.

Un encaixe complexo...

Tras o veredicto das urnas, o líder do PP galego continúa co mesmo discurso confuso, sen se asesorar por ninguén, senón repetindo as mesmas ideas demagóxicas. Afirma que as nais e os pais poderán escoller a lingua en que se educan os seus fillos ou as súas fillas, mais punto e seguido tamén sostén que non separará por aulas tal e como exixía a desmemoriada Galicia Bilingüe.

Ben, entón como vai facer para cumprir a súa promesa? Se unha familia pide que a súa filla estude en castelán e outra familia que o seu fillo estude en galego, aínda que só sexa a materia de matemáticas, como vai garantilo sen separalos en aulas diferentes? Ou é que vai contratar dous profesores para cada aula e un explicará nunha lingua e outro noutra? Talvez está a pensar en separar as salas dos centros con biombos?

Aínda que os pais escollan unha lingua ou outra, el di tamén que o alumnado será "libre" de utilizar a lingua que quixer nos traballos de aula ou nos exames. Entón, se un rapaz ou unha rapaza pode non ter que practicar unha lingua, como vai aprendela? Só se lle apetece? Entón por que o castelán e o galego son cooficiais? Se na familia queren que aprenda unha lingua e a alumna ou o alumno se nega, que escolla prevalecerá? Estenderase tamén a outros coñecementos a posibilidade do estudante de non ter que demostrar que adquiriu as correspondentes competencias?

Para máis inri, Núñez Feijóo afirma tamén que o profesorado poderá dar as aulas na lingua que quixer. "Sen imposicións", claro. Garantindo a "liberdade lingüística", como non! Mais se o docente pode usar un idioma ou outro indistintamente dentro da aula, para que se pregunta nada ás familias? Non vai iso contra a "liberdade" do profesor ou da profesora? Que "liberdade" prevalecerá? Como se vai garantir entón o suposto "dereito" que se quere estabelecer para que os pais e as nais escollan a lingua en educación infantil ou de determinadas materias? E o do alumnado tamén de escoller lingua? E como collerá todo isto nunha soa aula, sen triplicar o sistema educativo? Ou é que se triplicarán os biombos?

Aínda máis. Até que punto se garantirá a "liberdade lingüística"? Haberá que realizar unha escolla vinculante a comezos de curso ou poderá mudar? Se unha estudante fala e escribe en castelán en setembro e a partir de marzo quere mudar para o galego, poderá facelo? E a familia? E o profesor ou a profesora?

Todo o que dixen aquí pode parecer absurdo, mais que non se achaque á miña exposición, senón á disparatada lóxica da demagoxia do futuro presidente da Xunta sobre a materia.

Escribindo aos dous anos

Se a comunidade educativa estaba xa abondo preocupada co descoñecemento absoluto que ten o futuro presidente da Xunta sobre a realidade do día a día das aulas, este aínda ousou repetir en varias ocasións que os rapaciños e as rapaciñas das Galescolas non aprenderán a ler e escribir en galego.

Deixando á parte esa afirmación categórica a respecto do idioma, haberá que lembrarlle que nas Galescolas están neniños e neniñas de menos de 3 anos, entre os cales non son habituais moitas destrezas na lectura nin na escrita, que se introducen a idades máis avanzadas. Antes, cóntanselle contos, fanse xogos, cántanse cancións, esas cousas tan tóxicas...

Non lle viría mal ao futuro presidente galego coñecer un pouco mellor o sistema educativo antes de botar a lingua a pacer en temas tan importantes para a formación das futuras xeracións e que, se se tratan sen o necesario diálogo e consenso, poden crear unha gravísima fractura social.
Carlos Callón
A Mesa pola Normalización lingüística

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg