'O Decreto, as Galescolas... e demais'

Era visto que a chegada do Partido Popular ao goberno da Galiza irÃa significar un retroceso para o galego. Entre as primeiras declaracións do próximo presidente da Xunta vemos promesas de gobernar para todos os galegos e galegas, mais tamén comezamos a ver ameazas sobre o decreto do ensino e temos a certeza de que as galescolas pasarán a ser simplemente escolas infantÃs. Supoño que os usuarios das galescolas e os estudantes que queren estudar en galego non merecen que se goberne tamén para eles. O novo perÃodo comeza cunha grande incoherencia.
Non sabemos se finalmente se derrogará o decreto do ensino para mudalo por outro ou se haberá modificacións no actual. Xa que falamos de ter en conta a toda a sociedade ao tomar decisións de goberno, haberá que ver se os novos responsábeis da Xunta teñen en conta ou lembran que o decreto tivo o apoio de estudantes, profesores, asociacións, sindicatos, etc. A liberdade total de escolla de lingua implica segregar os estudantes en aulas diferentes, duplicar os recursos (profesorado, centros onde for preciso, etc), complicar infinitamente a xestión. Ademais da posibilidade de que haxa nenos que saian do sistema educativo sen ter estudado nin unha soa palabra de galego. Fascinante.
E que dicir das galescolas? Hai algunha garantÃa para o ensino en galego na educación infantil na actualidade á parte de nestes novos centros? A cuestión é que haxa liberdade, mais polo visto non para todos.
Nesta sucesión de declaracións de intencións hai un asunto verdadeiramente curioso: o presidente electo agora asume que o galego está en perigo. Asume, cando menos, que o galego debe ser protexido. É un grande favor que nos fai, mais dá que pensar o feito de que até hai uns dÃas dixese xustamente o contrario: que o galego está a comer o terreo do castelán e que os castelán falantes están discriminados socialmente. Todas as persoas que tentamos facer a nosa vida en galego sabemos que esa tese é falsa. De feito, é unha mentira bastante noxenta, pois quen emite esa teorÃa sabe perfectamente que non hai nin unha pinga de verdade nela. Igual que é unha grande mentira que o castelán estea discriminado no ensino e non hai forma humana de demostrar o contrario (alén da caricatura).
Se estamos de acordo en que o galego precisa protección, por que tentar eliminalo do ensino? Por que facilitar as cousas para crear unha verdadeira fenda social en torno ao idioma? Como primeira declaración de intencións resulta máis que preocupante.
Mantémonos á expectativa, veremos o que sucede co decreto e con todo o demais, mais goberne para quen gobernar o novo presidente da Xunta de Galiza, deberá respectar os dereitos de toda a sociedade e non só dunha parte.
Reproducimos o artigo publicado no periódico dixital GzNación pola secretaria xeral da Mesa, Iria Taibo, sobre as propostas educativas do PP.




