O Tempo

Nesta xornada, quedaremos baixo os efectos dunha profunda borrasca localizada nas proximidades das Illas Británicas, cunha fronte fría activa que cruzará a Comunidade durante a madrugada. Deste xeito os ceos permanecerán moi anubrados con chuvascos, máis frecuentes durante a mañá, e que poderán vir acompañados de sarabia; estes chuvascos serán en forma de neve por riba dos 1000 metros. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente e as máximas descenderán ou permanecerán sen cambios. Os ventos soprarán do noroeste, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.
Ventos do noroeste, fortes no litoral e zonas altas e moderados no resto.
Temperatura:
Temperaturas mínimas en moderado ascenso e máximas sen cambios ou en lixeiro descenso, con pouca oscilación térmica neste día.
Estado do Ceo:
Ceos moi anubrados con chuvascos, máis frecuentes durante a mañá, e que poderán vir acompañados de sarabia; estes chuvascos serán en forma de neve por riba dos 1000 metros.




