Economistas

A REFORMA DA LEI 9/1985 DE INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO

A regulación sobre a IVE no noso pais remóntase a unha lei de 1985 que modificou o Código Penal e no que se estableceron tres supostos nos que o delito de aborto non se castiga: en caso de embarazo como consecuencia dunha violación, cando exista grave perigo para a vida ou saúde da embarazada ou no caso de que se presuma que o feto nacería con graves taras físicas ou psíquicas. A lei completouse cun Real Decreto 2409/1986, de 21 de Xaneiro sobre Centros Acreditados e Ditames Preceptivos para a práctica legal da IVE. A aprobación do novo Código Penal en 1995 non alterou esta regulación e mantivo o artigo 417 bis do vello Código Penal. Esta lexislación posta en marcha por un goberno socialista foi a mellor que se puido ofrecer nese momento e serviu durante estes anos para dar solucións a un bo número de IVE que, doutro xeito, permanecerían na clandestinidade.

SITUACIÓN ACTUAL

- O tempo transcorrido permitiu detectar disfuncións e problemas na aplicación da lei:
o A inseguridade xurídica na que se atopan as mulleres que deciden interromper un embarazo.
o Os e as profesionais que o levan a cabo nos supostos establecidos legalmente.
o A desigualdade territorial no acceso á prestación sanitaria.
- O actual marco legal é obsoleto e insuficiente.
- Non contempla a evolución da sociedade española.
- A actual lei mantén o IVE como DELITO e non impediu que as mulleres que abortaron legalmente así como os facultativos que as atenderon se viran inmersas en denuncias e procesos xudiciais.


COMO ESTÁ A SITUACIÓN REGULADA NOS PAISES DO NOSO ENTORNO

- Nas diferentes Conferencias Internacionais de Nacións Unidas e nas Resolucións do Consello de Europa se ten proclamado o dereito inalienable das mulleres a decidir libre e responsablemente sobre as cuestións relativas á súa sexualidade, incluída a súa saúde sexual e reprodutiva:
o A Conferencia sobre Poboación e Desenvolvemento de O Cairo se recolleu o aborto entre os dereitos sexuais e reprodutivos.
o A Conferencia Mundial das Mulleres de Beijing (1995), auspiciada pola ONU, estableceu que entre los dereitos humanos das mulleres se atopa o seu dereito a ter control e a decidir libremente sobre a súa sexualidade.
o O Parlamento Europeo en Resolución de 3 de xullo de 2002, recomenda que o aborto sexa legal, seguro e accesible para todas as mulleres.

- En 74 países con poboacións de máis dun millón de persoas e nos que os seus habitantes representan o 65% da poboación mundial, permiten legalmente o aborto sen ningunha restrición, por razóns socioeconómicas ou para protexer a saúde mental da muller.
- A maior parte das lexislacións nacionais dos países da Unión Europea que regulan el aborto optaron por un modelo legal mixto de lei de prazos con indicacións.
- Dinamarca, Finlandia e Suecia regulan o aborto mediante unha lei de saúde pública e despenalizan o aborto para as mulleres que o fan co seu consentimento.
- Gran Bretaña e Holanda teñen leis de prazo ata a semana 24 sen indicacións.
- Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Italia, Suecia e Portugal contan con leis que combinan un prazo de decisión da muller de entre 10 e 16 semanas, xunto con indicacións (terapéuticas, euxenésicas, socioeconómicas, etc.).

QUE É O QUE SE PROPÓN POR PARTE DA COMISIÓN DE EXPERTOS

- Enmarcar os abortos nun contexto de dereitos sexuais e reprodutivos.
- Se propón un novo modelo de regulación no que se parta dun recoñecemento do dereito á saúde sexual e reprodutiva das mulleres como única garantía para asegurarlles o exercicio libre da sexualidade.
- Se inclúe ademais a educación, a información e o pleno acceso a métodos de contracepción.
- Se contempla a posibilidade de interromper o embarazo no caso dun embarazo non desexado ou cando concorran as indicacións que se establezan (risco para a vida da muller ou o feto).

O QUE SE DIFERENCIA DO MODELO VIXENTE

- As mulleres que aborten quedan fora do Código Penal
- Si agora mesmo o aborto segue sendo un delito, excepto en tres supostos, o que se propón é un modelo de prazos, que garanta ás mulleres a posibilidade de decidir libremente sobre a interrupción do seu embarazo durante a primeira fase da xestación.
- Por primeira vez se prima o dereito a decidir das mulleres e se despenaliza a interrupción do embarazo nas primeiras semanas de xestación.
- Haberá tres requisitos xerais:
o Consentimento expreso da muller embarazada,
o Práctica da prestación por un médico ou médica ou baixo a súa dirección
o Intervención nun centro público, concertado ou privado acreditado.
- E dous requisitos máis de natureza procedimental:
o Proporcionar á muller toda la información neutral relevante á que ten dereito: axudas públicas a embarazadas; cobertura sanitaria da xestación e parto; dereitos laborais á maternidade etc...
o Establecemento dun período de reflexión (de polo menos tres días) antes da prestación.
- O sistema se complementa con indicacións destinadas a resolver algunhas situacións relevantes e extremas que poidan presentarse unha vez superado ese prazo inicial, polas que se permite interromper o embarazo ata a semana 22 de xestación en dous supostos:
o Si hai grave perigo para a vida ou saúde da embarazada e así conste nun ditame emitido con anterioridade á intervención por un médico especialista distinto do que practique a intervención.
o E cando se detecten graves anomalías no feto e así conste nun ditame emitido con anterioridade á intervención por un médico especialista distinto del que practique la intervención.

- En caso de malformacións fetais incompatibles ca vida, circunstancia debidamente acreditada con anterioridade, a IVE poderá levarse a cabo en calquera momento.
- Co modelo mixto que se propón quedan cubertas legalmente a práctica totalidade das IVE que se practican no noso pais.


MODELO PERFECTAMENTE CONSTITUCIONAL

- A sentencia 53/1985 do Tribunal Constitucional non selou definitivamente o tratamento constitucional da interrupción do embarazo.
- O Tribunal recoñece que corresponde ao lexislador/a ponderar a importancia dos bens implicados que concorren nas situacións de conflito que subxacen a toda interrupción voluntaria do embarazo.
- O modelo que se propón ten en conta o deber do Estado de establecer un sistema legal para a protección efectiva da vida embrionaria e fetal establecendo límites, condicións e obrigas á IVE e xerando as condicións adecuadas para o exercicio dunha maternidade responsable.


PODERÁN ABORTAR AS MULLERES MENORES DE IDADE, DESDE OS 16 ANOS

- Importante sinalar que as mulleres menores de idade no noso país poden abortar actualmente co consentimento dos seus representantes legais.
- Recordar tamén que a Lei de Autonomía do Paciente, modificada polo PP en 2002, establece que o consentimento dun menor é relevante respecto de calquera prestación sanitaria con tal de que comprenda o acto medico ó que se somete.
- Un menor pode ser donante, operarse unha apendicite, someterse a calquera operación de cirurxía plástica, como agrandarse os senos ou operarse o nariz, pode tomar a decisión de ligarse as trompas....Nembargante esa lei exclúe a validez do seu consentimento si o que pretende é abortar.
- O Comité de Expertos recomenda recoñecer a autonomía na decisión a partir dos 16 anos.
- Se entende que a esixencia do consentimento paterno non é coherente ca regulación xeral do consentimento de menores en materia de intervencións clínicas.
- Si a partir de 16 anos hai responsabilidade penal, si se poden casar e ter fillos, deben poder decidir si interrompen un embarazo non desexado.
- A lexislación civil xa permite o matrimonio de menores emancipados a partir de 16 anos e incluso ós catorce con dispensa xudicial.
- Se recoñece xa a plena liberdade sexual dos menores a partir dos 13 anos, idade na que poden consentir relacións.


A GARANTÍA DO ACCESO Á PRESTACIÓN COMO UN DEREITO

- O aborto xa é unha prestación gratuíta incorporada á Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Saúde.
- As CCAA teñen liberdade para determinar o modo no que as prestacións sanitarias se fan efectivas.
- O Comité de Expertos propón que a prestación se faga en centros sanitarios públicos ou privados concertados, o que permite ter garantías de que a prestación se levará a efectos en condicións de equidade persoal e territorial.
- A Asemblea Mundial da Saúde aprobou un novo plan ou estratexia de saúde sexual e reprodutiva o 22 de maio de 2004 en Xenebra. Entre os pasos máis importantes que en consonancia cas conclusións desta Asemblea, a nova lei debería ter figuran:
o Fortalecer os servizos de planificación familiar para evitar os embarazos non desexados.
o Capacitar aos prestadores de servizos de saúde no uso de técnicas modernas e equiparalos con medicamentos e suministros adecuados para a atención xinecolóxica e obstétrica.
o Prestar apoio social a mulleres con embarazos non desexados.


OS EXPERTOS PROPOÑEN COMBATIR OS EMBARAZOS NON DESEXADOS

- Impulsar unha estratexia xeral sobre saúde sexual e reprodutiva, que inclúa o dereito a la educación sexual, o dereito á reprodución e o acceso en condicións de equidade a métodos de control da natalidade.
- Garantir o acceso a toda a poboación a prácticas clínicas efectivas para evitar a reprodución cando non se desexe.
- Potenciar a formación para profesionais da saúde desde un enfoque de xénero.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg