O galego tamén é útil fóra de Galiza
Un grupo de galegos asentados en Londres está a promover a idea de que a nosa lingua tamén é útil fóra do paÃs, segundo informan nun comunicado enviado aos medios. A través do manifesto O galego é útil, pendurado na internet os asinantes pretenden "desmentir", dende a súa experiencia no estranxeiro, o mito de que "o galego non vale para nada" ou "serve só dentro de Galiza".
Entre as vantaxes de falar o idioma propio do noso paÃs, o manifesto salienta que o galego "axuda a aprender outras linguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional". O manifesto, que se define como "libre de ideoloxÃa e afiliación polÃtica", pode ser "asinado" na internet.
Os impulsores desta iniciativa, Xesús Magariños e Inma Gil, agardan atraer sinaturas e comentarios de usuarios galegos de todo o mundo e contribuÃr asà "construtivamente" ao debate sociopolÃtico en Galiza. Varios bloggers, usuarios de redes sociais e medios de comunicación recolleron a publicación do manifesto, que está a ter unha boa aceptación.
Debate necesario
Algúns comentaristas cuestionan que sexa axeitado falar da utilidade da lingua en termos tan prácticos, outros pregúntanse se acaso hai algunha lingua que non sexa útil. Mais os creadores do manifesto aseguran que o debate é necesario.
Se ben "é unha obviedade dicir que unha lingua é útil, porque todas o son", afirman, "lamentabelmente no debate lingüÃstico en Galiza óense con demasiada frecuencia comentarios que descualifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha lingua que non serve para nada fóra da nosa terra". "Quizais non é mala idea gritar obviedades por internet", conclúen.
vieiros




