20.000 persoas e 600 colectivos apoian o manifesto que se lerá o 17M

Case 20.000 persoas e 574 colectivos apoiaron até o momento o Manifesto a prol da convivencia lingüÃstica e a igualdade de dereitos para o galego, que se lerá ao remate da manifestación convocada pola Mesa pola Normalización LingüÃstica que este próximo domingo encherá as rúas de Santiago de Compostela baixo o lema "O galego, a nosa columna vertebral. A lingua que nos une!".
Este manifesto, que foi promovido en xullo de 2008 por trinta persoas representativas de diferentes ámbitos da sociedade galega e cuxos apoios poden consultarse na páxina web da Mesa, foi lido esta mañá polo actor Carlos Blanco no Auditorio de Galiza, nun acto no que outras persoas coñecidas da vida pública galega animaron á sociedade a defender o galego no seu dÃa a dÃa e a participar na manifestación deste domingo.
Marilar Aleixandre, Pepe Penabade, Federico Pérez, Tonhito de Poi, Monti Castiñeiras, Carlos Blanco, Mero Iglesias, VÃtor Neira, Nando Casal, Marta Dacosta, Ramón Latas, Virxinia RodrÃguez e Carlos Callón foron os presentes neste chamamento. Outras persoas como Henrique Monteagudo, Avelino Pousa Antelo, Manuel Rivas, o grupo musical Lamatumbá, Helena Villar Janeiro, UxÃa Senlle, Miguel Anxo Fernán Vello, Andrés Torres Queiruga, Miguel Anxo Fernández ou os actores Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro (intérpretes de Mucha e Nucha), entre outros, non puideron estar finalmente presentes esta mañá no acto por motivos de axenda, mais confirmaron o seu apoio e a súa asistencia á manifestación do 17 de maio.
O presidente da Mesa pola Normalización LingüÃstica, Carlos Callón, deixou patente a súa confianza en que a participación a esta mobilización vai ser "histórica, superando mesmo a afluencia do ano pasado, porque o que antes eran ameazas, agora son promesas concretas de acción". AsÃ, recordou a intención de Feijóo de derrogar o decreto do galego, que conta co respaldo unánime das principais organizacións que representan á comunidade educativa, ou mesmo a posibilidade de que se derrogue a Lei de Normalización LingüÃstica, aprobada en 1983. "Feijóo falou onte, xusto despois de nomear no Consello da Xunta ao secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, de oficializar o topónimo deturpado *La Coruña, e iso só o poderÃa facer derrogando esa lei da cal un dos relatores foi Ramón Piñeiro, a quen se honra xusto esta semana das Letras".
Callón reiterou a posición da Mesa ante o nomeamento de Anxo Lorenzo como novo secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica: "non nos preocupan os nomes, o que nos preocupan son as polÃticas, que marcarán o conselleiro de Educación e, sobre todo, o propio presidente da Xunta, quen non deixa de anunciar medidas de desmantelamento da oficialidade do galego".




