Economistas

O PP ataca a lingua galega

parlamentogalicia01.jpg
José Manuel Lage Tuñas, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentou ante a Mesa a seguinte Interpelación

En pouco máis de trinta de días ocupando a Presidencia da Xunta de Galicia, o señor Núñez Feijóo tense convertido no azote da lengua galega. A mellor proba disto é a desconsideración manifestada cara o Plan Xeral de Normalización Lingüística impulsado baixo o goberno de Manuel Fraga e aprobado polos setenta e cinco deputadas e deputados do parlamento de Galicia.

A improvisación que está caraterizando algunha das accións do goberno galego está tamén presente nos anuncios feitos polos membros da Xunta de Galicia ó respecto da lingua galega. Están creando incertidume na sociedade e inquietude nunha parte moi importante da sociedade que comeza a visualizar un claro ataque ó idioma.

A ruptura do presidente Feijóo e o seu goberno co Plan que maior consenso ten acadado na historia da Autonomía de Galicia é unha proba irrefutable da política involucionista e desprotectora respecto da lengua galega.

O Plan Xeral non é un remuíño de ideas como ten afirmado o señor Conselleiro de Educación nunha intervención no parlamento de Galicia, senón un Plan con obxectivos e medidas concretas de discriminación positiva a prol da normalización lingüística no conxunto da sociedade, comezando polas administraccións públicas.

O Propio Presidente da Xunta ten afirmado tamén que «O plan de normalización lingüística non é ningunha norma, senón máis de 200 medidas a prol da normalización. A norma é a Lei de Normalización Lingüística. Nós cando fagamos un decreto temos que axustarnos ás normas"

Nos pasados días a Real Academia Galega co seu presidente á cabeza denunciaba que as primeiras decisións lingüísticas anunciadas pola Xunta de Galicias son desprotectoras da lingua galega.

A lingua galega é unha riqueza, patrimonio común de todos os galegos, lingua milenaria, posuidora dun rico acervo histórico que nos sitúa en pé de igualdade entre as culturas todas do mundo. A lingua galega forma parte consubstancial da identidade e do recoñecemento de Galicia como nación e como colectividade.

Como dicía Ramón Piñeiro, a quen este ano honramos o Día das Letras Galegas, "para que unha comunidade humana teña categoría de pobo, para que teña unidade íntima e transcendente, ha de ter unha alma de seu.

E un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia,que tal é o que significa a palabra idioma. A lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala, vén a ser a súa comunidade esencial".

Estos párrafos anteriormente expostos están recollidos no comunicado da Real Academia Galega do pasado 12 de maio e recollen perfectamente o significado da nosa lingua.

É excepcional a declaración da propia Real Academia Galega, que sempre mantén unha posición institucional allea a calquera tipo de confrontación, e precisamente esa excepcionalidade é a que pon en evidencia o lonxe que está indo o Partido Popular dende o goberno da Xunta de Galicia no seu ataque á lengua galega.

Tendo en conta o grave ataque que está sufrindo o idioma galego por parte do Presidente da Xunta e do seu goberno, o deputado que asina formula a seguinte Interpelación:


  1. ¿Cómo valora o Presidente da Xunta o manifesto da Real Academia Galega do 12 de maio no que se acusa ó actual goberno de tomar decisións desprotectoras da lingua galega ?
  2. ¿Por qué rompe o señor Núñez Feijóo o maior consenso alcanzado nunca en materia de lengua como foi o Plan Xeral de Normalización Lingüística impulsado polo goberno de Manuel Fraga e aprobado por unanimidade no parlamento de Galicia no ano 2004?

Parlamento de Galicia, 25 de maio de 2009
Asdo: José Manuel Lage Tuñas

Comentarios

Hoxe, no diario La Opinión, o xenial Lino Braxe explica este problema de forma moi sinxela e compresible, e é que as cousas ás veces son máis sinxelas do que facemos con elas. Deixo o enlace ao artigo de Lino que ben merece ser lido: http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009052500_5_289701__Opinion-Galego

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg