Economistas

'Igualdade de oportunidades'

Igualdade de oportunidades
Continúan as discriminacións laborais contra galego falantes

Reproducimos o artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe:

A maioría da sociedade galega está anestesiada no que di respecto ás discriminacións lingüísticas contra os falantes de galego. Mesmo a maioría dos usuarios e das usuarias habituais deste idioma. Mesmo, aínda que sexa noutro grao, aquelas e aqueles máis conscientes que non queremos renegar ao noso dereito básico a podermos vivir no noso idioma e transmitirllo aos nosos fillos e ás nosas fillas. De repetida e sistemática, a exclusión naturalízase. O proceso de desnarcotización, que é sacar do armario o verdadeiro e diario conflito lingüístico, é fundamental para garantirmos un presente en dignidade e un futuro ao noso idioma e á nosa cultura.

A situación dos dereitos lingüísticos dentro do ámbito laboral é un bo exemplo de como recibe carta de cotidianeidade unha inxustiza. Porque non sempre se trata de insultos contra o cadro de persoal (lembremos ese repugnante "¡Burra, no hables lenguas menores!" que se denunciou o ano pasado) ou de despidos (lembremos o caso da xestoría de Pontevedra: "Ya te advertí de que no hablaras en gallego").

Pola contra, na maioría dos casos temos que observar unha represión máis sibilina. Por exemplo, unha moza que chega a unha entrevista de traballo para unha empresa de venda de téxtil, que comeza a falar en galego e recibe como resposta unha cara seria e unha pregunta directa, que se explica por si soa: "¿Podrías hablarme en castellano?" ou "¿Es que no sabes hablar en castellano?" ou "¡¿Siempre hablas en gallego?!" Se a lección non estaba aprendida, para a vindeira ocasión xa o sabe. En Galiza, non existe igualdade de oportunidades no ámbito laboral para as persoas que queiran utilizar o galego con normalidade.

Cobertura legal

Cando o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o Plan xeral de normalización da lingua galega recoñeceu esta problemática tan profundamente inxusta, polo que estabeleceu como un dos seus obxectivos "garantir o dereito dos traballadores a utilizaren a lingua galega nas súas relacións laborais".

Tratábase, con iso, nin máis nin menos que de instar ao Goberno galego a que dese cobertura real, no día a día, a un principio que xa estaba recollido no artigo 4 do Estatuto dos Traballadores. Segundo alí se indica, as condicións laborais das traballadoras ou dos traballadores non se poden ver prexudicadas por falaren un ou outro idioma.

Os dereitos lingüísticos son formalmente amparados tanto no momento do acceso ao traballo como no posterior desenvolvemento da actividade laboral. Tamén no marco das relacións laborais se indica que se "entenderán nulas e sen efectos" aquelas normas que discriminen por razón de lingua. Nesta liña, no artigo 96.12 do Estatuto dos Traballadores antes citado dáselle a consideración de "moi grave" ás discriminacións por causa de idioma dentro do Estado español.

O problema chega á hora de concretar o exercicio deste dereito. Nas discriminacións lingüísticas no traballo, igual que nos casos de acoso laboral ou doutras discriminacións (por razón de sexo, cor da pel, opción sexual, etc), a persoa áchase nunha particular situación de indefensión para probar o sucedido, ademais de se ter que enfrontar á incomprensión de moita xente que non entende que o galego sexa un dereito básico e irrenunciábel.

A Capitanía de Burela

Esta semana coñeceuse o caso de dúas traballadoras e un traballador da Capitanía Marítima de Burela que sufriron e sofren acoso laboral ou mobbing no seu posto de traballo debido á súa petición de poderen utilizar o galego e reclamaren que esta administración faga uso tamén da lingua propia e cooficial de Galiza. A pesar de que arredor do 90% das mulleres e homes dese concello da Mariña falan en galego no seu día a día, o 0% (non falta ningunha cifra á dereita: o cero por cento) da documentación da Capitanía está nesta lingua.

Cómpre ter presente que as capitanías marítimas depende da Dirección Xeral da Mariña Mercante do Ministerio de Fomento. Entre outras competencias, teñen funcións vencelladas aos buques e embarcacións que manteñen a súa actividade en augas e portos galegos (tamén os de baixura e litoral que unicamente desenvolven aquí o seu traballo), labores de inspección de buques e embarcacións e xestións relacionadas coas súas tripulacións, como os enroles, titulacións etc.

Brais Fernández Prieto, Carmen Ferreiro Seoane e Manuela Arias Estévez solicitaron o cumprimento da lexislación lingüística a nivel galego e estatal, así como dos tratados internacionais sobre dereitos idiomáticos subscritos polo Estado, como a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias promovida polo Consello de Europa.

Durante cinco meses e medio, Brais, Carmen e Manuela tentaron resolver o problema por todas as vías internas que lles foi posíbel, petando nas portas de diferentes gabinetes do propio Ministerio de Fomento, na Oficina das Linguas Oficiais do Ministerio de Administracións Públicas, na Subdelegación do Goberno en Lugo... Reivindicaban algo tan cívico e elemental como o cumprimento da lei. Que os nosos nomes de lugar figurasen na súa única forma oficial, que é a galega. Que se aplicase a norma que fala da imaxe institucional da Administración Xeral do Estado, segundo a cal os impresos de solicitude que están ao dispor do público deben estar nas linguas cooficiais de Galiza e as cabeceiras dos documentos que se impriman tamén deben estar en galego etc. Que, en fin, a Capitanía Marítima asumise que o galego é a lingua propia de Galiza e que fose unha Administración que garantise os dereitos dos administrados e das administradas.

En troca de reaccionar como correspondería, corrixindo as irregularidades e tomando as medidas para que se cumprise a lexislación, recibiron unha resposta inxusta, xorda e agresiva. Aos tres traballadores prohibiúselles facer nada en galego e ordenouse retirar o único impreso que existía neste idioma, que fora traducido e elaborado por unha das persoas acosadas. As dúas traballadoras foron, a raíz disto, mudadas de posto sen recibiren nin instrucións de traballo nin ordes de aprendizaxe para as súas novas funcións. Ao traballador pasaron a marcarlle unhas pautas de actuación diferentes ás dos seus compañeiros, restrinxíndolle o acceso á información, dificultando as comunicacións coas persoas con que ten que estar en contacto para desenvoler o seu traballo etc.

Trátase dun caso claro de acoso laboral por razóns idiomáticas. Un mobbing lingüístico con todas as letras, que acarreou e está a acarrear consecuencias para a saúde destas persoas. De feito, dúas delas están agora mesmo de baixa por ansiedade.

Movámonos

Temos que movernos para que se corrixa esta inxustiza en concreto e para que en Galiza haxa igualdade de oportunidades tamén para todas as persoas que queren desenvolver a súa vida con normalidade en galego. Na convocatoria da manifestación do vindeiro domingo, en defensa do galego baixo o lema "O galego, a nosa columna vertebral", estarán presentes os seus casos.

Teñen que saber que nas rúas de Santiago de Compostela se concentrará o 17 de maio unha forza que se vai expandir a partir desa data aínda con máis forza en todos os centros de traballo, concellos, colexios, institutos, rúas e parroquias. Teñen que saber que cando non contratan ou acosan ou despiden a unha persoa por falar en galego imos estar todas e todos aí. Pois cando discriminan a calquera muller ou a calquera home por falar en galego nos están a discriminar a todas e a todos. E non o imos permitir.
Reprodución do artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe:

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg