"Na defensa do galego, nin un paso atrás"
Os apoios chegados á Mesa pola Normalización LingüÃstica, asà como as adhesións ao seu "Manifesto a prol da convivencia lingüÃstica e a igualdade de dereitos para o galego", fan presupoñer que a manifestación das Letras deste ano será histórica. Con todo, o presidente desta organización, Carlos Callón, non quixo adiantar cifras, se ben reiterou o obxectivo é superar a participación do ano pasado, que se considera a maior de toda a etapa autonómica con 25 mil persoas. Iso si, xa confirmou que "non vai vir xente de fora de Galiza en autobuses", en referencia á última manifestación de Galicia Bilingüe.
Na última das comparecencias públicas antes do gran dÃa, Callón estivo arroupado por diferentes persoeiros do mundo cultural galego, quen quixeron facer patente o seu apoio á manifestación. Actores como Pepe Penabade, Carlos Blanco ou Federico Pérez; músicos como Mero, Tonhito de Poi, Nando Casal ou Vituco dos Ruxe Ruxe; escritores, poetas e profesionais vencellados ao ensino, como Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Ramón Latas, fixeron explÃcito o seu rexeitamento ao que consideran unha "involución en materia de dereitos lingüÃsticos".
Neste sentido se manifestou, por exemplo, Latas quen foi moi crÃtico co novo presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo: "como pode dicir que agora se lle devolverán os dereitos civÃs aos alumnos? E que até o de agora lle foron usurpados eses dereitos?", dixo, "se quere espÃrito de consenso, deberá rectificar declaracións coma esta". Na mesma liña se expresaron Marta Dacosta ou Marilar Aleixandre: "fálase de consenso, mais o consenso xa o tiñamos", dixeron. Finalmente, Carlos Blanco deu lectura ao manifesto que pechará a manifestación do vindeiro domingo, o mesmo que suma sinaturas dende a páxina web da Mesa. Xa para Vieiros lamentou ter que volver a superados debates como o do topónimo coruñés: "xa só nos falta volver falar de Puenteareas", dixo ao tempo que subliñou que "non podemos dar pasos atrás, senón avanzar na convivencia".
Fuente: vieiros




