O galego, a nosa columna vertebral: Contra o proceso de desmantelamento da oficialidade do galego
Hai poucas semanas, Manuel Rivas razoaba nun dos seus artigos que Galiza non anda sobrada de elementos que unan e cohesionen. Unha desas masas que cementan e cimentan a galegas e galegos é a lingua. Tal idea é a que protagoniza a convocatoria de manifestación realizada pola Mesa pola Normalización LingüÃstica para o vindeiro 17 de maio, que partirá ás 12 do mediodÃa da Alameda de Santiago de Compostela, baixo o lema "O galego, a nosa columna vertebral".
Se xa a manifestación do DÃa das Letras de 2008 foi histórica en asistencia, a deste ano agárdase que bata máis marcas na mobilización social en defensa deste milenario idioma. Porque o ano pasado se reaccionou aos ataques e ameazas de involución, mais agora eses anuncios xa se comezan a concretar e a tomar forma. AsÃ, a semana pasada foi especialmente importante, con declaracións diarias do novo presidente da Xunta, anunciando na práctica un proceso de desmantelamento da oficialidade do galego.
Mais que non pensen que por ter a maiorÃa absoluta xa poden actuar como se puidesen facer o que quixeren. Existen marcos legais e de convivencia que deben respectar, que temos que saber facer respectar. Como lembraba Arturo Casas no seu blog referÃndose á toma de posesión do novo titular de Cultura, "nós estamos aquà e este estarmos nós aquà non será un problema menor para esa xente nin para a súa planificación do futuro da cultura de noso."
Preparándonos
Estamos aquÃ, con certeza que estamos. Cando escribo estas liñas, xa se adheriron ao manifesto que se lerá ao final da marcha do DÃa das Letras 16.524 persoas e 396 entidades do máis diverso tipo. Na rede social Tuenti, centrada nun público xuvenil, 3.868 mozas e mozos xa aseguraron a súa asistencia, mentres 2.105 a maiores din que quizais vaian. Cando faltan quince dÃas para enchermos as rúas de Santiago de Compostela, xa se constata a importante preocupación por esta involución anunciada polo PP, especialmente presente nas comunidades educativas.
Cómpre que todas as persoas e grupos sensÃbeis na defensa da nosa lingua esteamos máis xuntos que nunca, deixando á marxe as lexÃtimas, lóxicas e naturais diferenzas ou discrepancias noutros ámbitos. Porque o que temos que parar agora é a pretensión de exterminar o noso idioma, para o cal queren desamparalo xuridicamente e deslexitimalo como lingua propia de Galiza.
Será unha mobilización de defensa do xa conseguido, mais tamén de impulso para avanzarmos, pois a inxustiza e a desigualdade que padece a nosa lingua propia deben corrixirse. Nese camiño van os dous primeiros puntos do "Manifesto pola convivencia lingüÃstica e a igualdade de dereitos para o galego":
1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.
2.- A situación do galego está moi lonxe de ser asÃ. Non desfrutamos de dereitos lingüÃsticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.
Folla de ruta
Lonxe deses principios básicos para a convivencia en igualdade, Alberto Núñez Feijóo fixo todas as xenuflexións posÃbeis a semana pasada en Madrid e prometeu redimir Galiza do pecado orixinal de ter lingua propia. Por certo, todas estas declaracións, dun profundÃsimo calado polÃtico, foron realizadas en micrófonos da ultradereita mediática, non no Parlamento galego ou ao menos ao finalizar un Consello da Xunta.
A medida máis grave que anunciou foi a derrogación de facto non do decreto 124/07, senón da protección xurÃdica do galego no ensino. Non é alarmismo nin catastrofismo: é o paso máis grave contra o galego en toda a etapa autonómica, que nos leva nunha viaxe no tempo a 30 anos atrás. Tan atrevidas declaracións, eufemisticamente camufladas de "liberdade lingüÃstica", tivo que matizalas sobre o prazo para pólas en andamento, pois os técnicos da ConsellarÃa de Educación advertiron de que o que propuña non era posÃbel materializalo nos centros de ensino sen antes mudar o decreto, o cal non se fai asà como se nada. Ai, inxustizas da vida! Un gaña por maiorÃa absoluta e pensa que a lei xa non existe, mais segue aÃ, para amolar ao reestreado gobernante.
Entrando de novo no xardÃn da demagoxia, Feijóo mantén que o profesor ou profesora poderá impartir en galego se quere facelo e tamén que a/o estudante poderá usar o galego se quere. Estrañamente, iso quere casalo con que as familias escollerán nalgún grao a lingua da escolarización, como se iso non fose tamén entrar na suposta "liberdade" de profesorado e alumnado. Non aclarou se a "liberdade" tamén chegará ás faltas de ortografÃa.
Con esta proposta dos novos dirixentes do PP é imposÃbel garantir o obxectivo básico da escolarización de que o estudantado saia das diferentes etapas educativas coas competencias comunicativas correspondentes en castelán e en galego. É máis: o galego será menos que unha lingua estranxeira no propio paÃs, xa que o inglés ou o francés están beneficiados pola opción dunhas chamadas "seccións bilingües" a través das cales hai materias non lingüÃsticas que se ministran neses idiomas. Nesas seccións, non só o profesorado, senón sobre todo o alumnado, para aprender, ten obriga de utilizar o idioma estabelecido.
Fóra da Administración
Ademais, o propio presidente da Xunta deu máis razóns para nos mobilizarmos en defensa da nosa lingua. A súa pretensión (que de momento tamén choca co muro da lei) é que para acceder a un posto de traballo na Administración nin tan sequera haxa que realizar un dos exames en galego. A nivel simbólico, significarÃa negar a cooficialidade real, xa que o único idioma que serÃa un requisito nese caso serÃa o castelán, reducindo aÃnda máis o rango do galego. No aspecto práctico, significarÃa que poderÃan ser funcionarias, mesmo na Xunta, persoas sen capacidade para se expresaren en galego e, portanto, traballadoras e traballadores da Administración que non poderÃan garantir o dereito legal de atenderen en galego. Curioso bilingüismo que só garante dereitos para o castelán!
A terceira fronte do ataque contra o galego serán as propias institucións autonómicas. Xa na toma de posesión, catro deputados xuraron o seu cargo en castelán: Diego Calvo, José Fervenza, Rosa Quintana e López Chaves. En 2005, só o fixera un deputado: Castelao Bragaña. Conta Anxo Lugilde que cando ese deputado, galaico-arxentino, tivo que intervir por vez primeira no Parlamento, recibiu unha chamada de Manuel Fraga para lle recomendar que intervise en galego. Dos que non quixeron xurar desta volta en galego, dous están xa na Xunta. Ademais, catro conselleiros parece que nin tan sequera saben nin queren saber falar en galego, dando unha imaxe lamentábel de desprezo pola cultura do paÃs que gobernan.
Crispación
A maiorÃa da xente leva pensando desde o 1 de marzo que temos goberno do PP na Xunta para ao menos 8 anos, cando non outros 16 como os ininterrompidos de Fraga. Porén, se o resto da lexislatura continúan por estes carreiros que levan á crispación ou mesmo aparecendo escándalos de tal calado como os protagonizados polo conselleiro AgustÃn Hernández, eu xa nin sei se chegarán aos catro.
Concordo totalmente co que hai poucos dÃas afirmaba o xornalista Perfecto Conde na súa bitácula: "Non rematou nin sequera de nomear todos os compoñentes do seu goberno e xa parece Alberto Núñez Feijóo un presidente gravemente tocado."
Fuente: A Mesa cpola normalización lingüistÃca/ Carlos Callón




