Para a Mesa, o secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica é o "lobo con pel de ovelliña"
"O posto de verdugo xa non está vacante". Esta é unha das primeiras valoracións da Mesa ao respecto do nomeamento do filólogo vigués, Anxo Lorenzo, como novo secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica. O presidente deste colectivo, Carlos Callón, insistiu en restarlle importancia ao nome da persoa que desenvolverá este labor e reiterou a súa preocupación polas polÃticas anunciadas polo actual goberno da Xunta, entre as que nomea a derrogación do decreto do ensino ou da Lei de Normalización LingüÃstica e a proposta de eliminar o galego como requisito nas oposicións. Ao tempo, Callón lamentou que "haxa persoas que se presten a este xogo perverso e estean dispostas a ser a pel de ovella para camuflar o lobo".
Na semana das Letras, a voltas co topónimo da Coruña
Doutra banda, Callón lamentou as palabras do delegado da Xunta, Diego Calvo, quen manifestou que o presidente da Xunta apoia a oficialización do topónimo "La Coruña": "dificilmente se poderÃa facer unha proposta máis agresiva e insultante contra a celebración das Letras Galegas esta semana e contra o seu homenaxeado, Ramón Piñeiro, que foi relator da Lei que o PP quere tumbar de forma unilateral", dixo.
Funet: vieiros




