Economistas

Pascual pecha a súa planta de Outeiro de Rei, deixando na rúa a 155 traballadores

A dirección do Grupo Leite Pascual anunciou esta terza feira a presentación dun expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará 225 traballadores das súas factorías de Outeiro de Rei (Terra Chá) e Aranda de Duero (Castela e León), cifra que representa o 7,5% dos seus tres mil empregados. A medida afectará os 155 traballadores da planta galega. Nun seu comunicado, o Grupo Pascual atribuíu esta decisión á súa necesidade de "axustar as capacidades industriais" á "demanda" dos seus produtos no mercado. Segundo informou a empresa, a medida, que cualificou de "inevitábel" trasladouse aos representantes dos traballadores, e iniciáronse xa as conversas para buscar "un acordo que minimice o impacto social" e "garanta o futuro do grupo".

Capacidade para envasar 250 millóns de litros ao ano, que quedaron finalmente en 150

Os responsábeis de Pascual sinalaron que este seu descenso de produción é froito da evolución do mercado alimentario e, en concreto, do lácteo. Nesta liña, lembraron que o consumo de leite descendeu nos últimos anos, pasando dos 113 litros por persoa e ano de 2001, aos 77,8 rexistrados a finais do ano pasado. Ademais, apuntou que a marca branca ou de distribución acapara xa o 51% do mercado de leite envasa en brik -un 10% máis que en 2008.

Os sindicatos denuncian que o ERE de Pascual implica o "peche inmediato" da planta

Segundo contan dende Europa Press, os empregados dedicados á transformación e envasado de leite na fábrica de Outeiro de Rei "son algo máis de 70", uns datos confirmados por representantes do comité de empresa na planta. Por isto, fontes sindicais consideraron que no total de traballadores afectados no ERE anunciado polo grupo lácteo hanse incluíra, ademais, os transportistas encargados da recollida do leite, comerciais, persoal de administración e loxística. Pascual pasou de recoller uns 18 millóns de litros en Galiza en marzo, aos perto de nove que sigue adquirindo dende o de abril, no inicio da nova campaña leiteira.

A lence non lle parece "boa noticia" o ERE anunciado por Pascual

Polo seu lado, o propietario e administrador único de Leite Río, Xesús Lence, considerou que o ERE anunciado por Pascual "non é boa noticia", e atribíu a medida a que os consumidores "compran o leite máis barato". Esa situación supón, como reiterou, a caída de vendas das marcas de fabricante, fronte ás de distribución ou marcas brancas. Nesta liña, Lence considerou que Pascual é unha empresa "ben estruturada", que ofrece "un gran produto", dispón "de moi bo envase e servizo" e, porén, "oconsumidor non o apreciou".
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg