dous novos casos de discriminación lingüÃstica no SERGAS en Ferrol

A Mesa pola Normalización LingüÃstica de Ferrol denunciou dous novos casos de discriminación relacionados co uso da lingua galega en dous centros hospitalarios da cidade departamental dependentes do SERGAS.
Ambos os casos tiveron lugar a finais do mes de maio nos hospitais Arquitecto Marcide e Naval, cando dous facultativos diferentes se negaron a atender oralmente en galego a un paciente que asà llelo solicitou formalmente, facendo uso do seu dereito a recibir a atención médica na lingua que, ademais, é propia do Servizo Galego de Saúde. Ao solicitar un formulario de queixa, encontrou que soamente se lle facilitaba un modelo en castelán, contra o disposto na Circular 5/97 da SecretarÃa Xeral Técnica da ConsellarÃa de Sanidade.
A Lei 3/1983, de 15 de xuño, estabelece que os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal do galego e que ninguén poderá ser discriminado por razón de lingua. No entanto, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galiza en setembro de 2004, estabelece o principio da "oferta positiva" nas relacións entre a administración e as persoas administradas, pola cal a lingua inicial do proceso é o galego, para favorecer o uso da lingua propia do paÃs en ámbitos formais dos que historicamente estivo ausente.
O propio afectado puxo en coñecemento da xerencia territorial do SERGAS e da propia ConsellarÃa de Sanidade a situación. Tamén se dirixiu á Mesa pola Normalización LingüÃstica, a través da "Liña do Galego", o servizo de atendemento de queixas, consultas e reclamacións que a asociación xestiona, desde o cal nos diriximos ás instancias correspondentes para pór no seu coñecemento os casos recibidos e coñecer as medidas que se aplican para os resolveren.
A Mesa anima a toda a cidadanÃa a dar a coñecer á Liña do Galego calquera tipo de situación discriminatoria ou de vulneración dos seus dereitos lingüÃsticos que padeza ou crea poder ter padecido en calquera momento e en calquera ámbito. Para iso teñen unha liña telefónica ao seu dispor, a 902 106 474, e mais un enderezo de correo-e, linhadogalego@amesanl.org.
A asociación cidadá en defensa do galego considera "fundamental que se dean a coñecer publicamente" todas as posÃbeis "situacións nas que o uso normal do galego é imposÃbel ou nas que se converte, no mellor dos casos, nunha verdadeira carreira de obstáculos". A Mesa lembra que "sen reclamacións non hai conquistas" e que "a igualdade real de dereitos entre galego e castelán só se poden resolver cando o galego non renuncie a ocupar tamén o seu espazo". "Convivencia implica existir, mais non desaparecer", sinala a entidade.




