Economistas

O sector leiteiro ou a fin dun canto

Hai apenas ano e medio os produtores cobraban máis de 50 céntimos de euro por litro de leite vendido ás industrias. O vento sopraba excepcionalmente a favor dun sector afeito a levar paus. Mais a alegría durou pouco. Dende hai uns meses, a entrada de leite foráneo (de Francia e en moita menor medida de Portugal) está a poñer nunha situación límite ás granxas do país. No último mes, os gandeiros cobraron unha media de 25 céntimos por litro, aínda que hai numerosas familias que non percibiron nin isto.

Mentres que o prezo do leite en orixe cae en picado, os custes de produción seguen a subir. Os profesionais consideran que todo o que sexa vender o leite por baixo dos 30 céntimos significa perder cartos. De feito, consideran que só un prezo que se achegue aos 40 céntimos pode darlle unha vida digna a unha familia.

Un sector en permanente reconversión
Ningún sector como o leiteiro pagou un prezo tan alto pola entrada na Unión Europea. En 1986, máis de cen mil familias de Galiza tiñan boa parte dos seus ingresos ligados á produción do leite. O establecemento do sistema de cotas fixo a primeira gran criba. As granxas que resistían comezaron un acelerado e custoso proceso de modernización baseado na compra de máis cota, de maquinaria e na mellora do gando.

A sempiterna crise que dende aquela sofre o sector foi especialmente dramática nas comarcas rurais da Coruña e Lugo e nas do norte de Pontevedra. Canda o cese de actividade de milleiros de explotacións caía un vizoso tecido de pequenos comercios e profesionais que vivían indirectamente do motor leiteiro. Case un cuarto de século despois da entrada no mercado europeo, só 12 mil familias se dedican á produción de leite. E, aínda así, os peches seguen a contarse por centos cada ano.

Os augurios dos partidarios da reconversión non se cumpriron, nin moito menos, ao pé da letra. Aínda que é certo que moitas das explotacións leiteiras que existían a mediados dos 80 non eran viábeis, tamén o é que pola vía da subvención directa buscouse unha reducción aínda máis drástica do sector.

A desestruturación e a perda da influencia sindical
Mantendo en maior ou menor medida a súa autonomía, Xóvenes Agricultores (de orientación conservadora); Unións Agrarias (socialista); e Sindicato Labrego Galego (nacionalista), foron até o de agora as tres grandes forzas sindicais do país. Como non podía ser doutro xeito, foron perdendo folgos canda o sector. A pesar dos esforzos e das masivas mobilizacións da década dos 80 e 90, entre boa parte do mundo rural foise instalando a sensación de que as loitas eran estériles.

Un exemplo dos cambios no sector é o nacemento hai poucos meses dun colectivo chamado Gandeiros Unidos, que en principio non semella ligado a ningún partido concreto. De carácter estatal (a asociación ten presenza en Asturias e Cantabria) e mostra un rexeitamento radical cara o modelo clásico de organización agraria. Con grande presenza en comarcas como o Xallas e, en menor medida, en Ordes e Tabeirós-Deza, Gandeiros Unidos semella a metáfora dun sector á deriva que xa non cre en practicamente nada. Dúas décadas despois de entrar na UE as granxas reducíronse ao 10%, os tractores teñen o dobre de cabalos, as explotacións quintuplican a produción...mais aínda así, as pantasmas que levan ao peche seguen a ser as mesmas. Coma se sempre estivesemos ás portas da fin dun canto.
Fuente: vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg