O tempo

Playa de Riazor (A Coruña)
A situación anticiclónica na penÃnsula Ibérica e a presencia dunha borrasca sobre o Atlántico propiciará a chegada dunha masa de aire cálido do norte de Africa. Deste xeito, teremos abundantes bancos de néboa en comarcas do interior que darán paso a un dÃa de ceos practicamente despexados e as temperaturas diurnas experimentarán un ascenso importante. Os termómetros poderán superar os 30ºC durante a tarde no interior da comunidade, de xeito que a sensación de calor será intensa; novamente a excepción será o norte de A Coruña e Lugo onde os termómetros non ascenderán con tanta intensidade. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde no litoral e zonas marÃtimas.
Vento:
Ventos de compoñente norte, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde no litoral e zonas marÃtimas.
Temperatura:
Temperaturas mÃnimas en lixeiro descenso, pero máximas en moderado ascenso.
Néboas:
Bancos de néboa matinais no interior e néboas costeiras no litoral norte cara á noite.
Estado do Ceo:
Ceos pouco nubosos ou despexados en xeral, agás no norte de Lugo onde teremos intervalos nubosos.




