O tempo
Hoxe
Mañá
Hoxe quedaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, polo que os ceos presentaranse anubrados, con chuvascos que irán diminuÃndo e remitindo ao longo da tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos con valores algo baixos para a época do ano. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral.
Vento:
Ventos de compoñente oeste, frouxos en xeral.
Temperatura:
Temperaturas sen cambios significativos.
Estado do Ceo:
Ceos anubrados con chuvascos que irán diminuÃndo e remitindo ao longo da tarde.
Durante a xornada do sábado, Galicia quedará nunha situación de transición. Deste xeito, teremos que agardar nubes de tipo medio e alto con aumento progresivo das nubes durante a tarde. As temperaturas mÃnimas permanecerán sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.




