Os xubilados galegos cobran 700€, a pensión máis baixa do Estado
A pensión que reciben os 439.495 xubilados galegos situouse no mes de xuño nos 700,84 euros de media, o que supón un incremento do 4,9% con respecto ó mesmo mes de 2008, cando estaba nos 667 euros. Con todo, os datos do Ministerio de Traballo e Inmigración feitos públicos onte, poñen de manifesto que Galicia segue sendo a comunidade coas pensións de xubilación máis baixas do Estado.
Os ourensáns seguen sendo os que perciben as prestacións de xubilación máis baixas da comunidade, cunha contÃa media de 603 euros en xuño. Séguenlle os lucenses, con pouco máis de 620 euros ó mes; os coruñeses, con 744 euros de media, e os pontevedreses, que con 747 euros son os galegos que cobran a pensión de xubilación máis elevada. No conxunto de España, a prestación media que cobran os xubilados achégase ós 854 euros, 154 máis que a media galega. No último ano, as pensións que reciben os 5,032 millóns de xubilados españois eleváronse un 4,8%.




