O manifesto "Galego. Patrimonio da Humanidade" xa ten blog de seu

Xa podes adherirte ao manifesto "Galego. Patrimonio da Humanidade" no blog aberto para difundir o texto. A páxina vai servir de soporte para unha ambiciosa campaña civil que se vai presentar publicamente a vindeira semana en Vigo. http://galegopatrimoniodahumanidade.blogaliza.org/
Tal e como explicou esta semana un dos promotores, Manuel Bragado, a idea final é lograr o suficiente número de apoios para poder presentar unha iniciativa parlamentaria e obrigar aos partidos polÃticos a debater o futuro da lingua.





Comentarios
concordo co manifesto
Publicado por: Fernando Villot Cameselle | Xullo 9, 2009 11:41 PM
Adiante contra os etnocidas
Publicado por: Beatriz GarcÃa-Ramos Macho | Xullo 19, 2009 6:54 PM