O BNG pide convenios con Castela e Asturias para que os galegofalantes poidan ver a TVG dixital
O deputado nacionalista Bieito Lobeira anunciou este sábado que vén de presentar unha proposición non de lei pola que lle demanda ao Goberno que negocie con Castela León e Asturias a sinatura de convenios para que as comunidades galegofalantes do Bierzo, A Seabra e A Terra Eo-Navia poidan recibir o sinal da TVG dixital. A iniciativa ten lugar poucos dÃas despois de que o colectivo Fala Ceibe do Bierzo denunciase que supresión da televisión analóxica podÃa afectar de cheo á comarca.
Lobeira lembra que en función do Real Decreto da TDT poderán recibirse as canles públicas de televisión fóra do seu ámbito autonómico cun terceiro múltiplex xa que a concesión do mesmo pode lograrse cun simple acordo entre as comunidades afectadas. Isto xa está a acontecer en Cataluña onde a Generalitat está a negociar con Aragón e Valencia e en Euskadi, onde van comezar as conversas con Navarra para que se poida ver Eitb en dixital.
O parlamentario tamén resalta que a Xunta ten a obriga, polo Plano de Normalización LingúÃstica, de facilitar o acceso aos medios de comunicación públicos de toda a comunidade lingüÃstica, incluso nos territorios galegofalantes que non entran dentro do actual marco administrativo.
Fuente: vieiros




