O tempo
Na xornada do mércores, Galicia perderá a influencia do anticiclón para ir quedando nunha situación intermedia. Deste xeito, teremos que agardar ceos con nubes baixas en todo o litoral atlántico, localmente persistentes, e ceos pouco nubosos ou despexados no interior. Aumento progresivo das nubes cara á noite. As temperaturas descenderán lixeiramente, agás no terzo norte, e os ventos soprarán do sudoeste, frouxos en xeral, con intervalos moderados preto de Fisterra pola tarde.
Vento:
Ventos do sudoeste frouxos en xeral, con intervalos moderados preto de Fisterra pola tarde.
Temperatura:
Temperaturas en lixeiro descenso, agás no terzo norte, onde ascenderán de xeito lixeiro.
Néboas:
Bancos de néboa matinais en comarcas do interior e néboas costeiras puntualmente persistentes.
Estado do Ceo:
Nubes baixas en todo o litoral atlántico e ceos pouco nubosos ou despexados no interior. Aumento progresivo das nubes cara á noite.




