O tempo
Durante a xornada do xoves, unha fronte moi pouco activa atravesará Galicia. Deste xeito, os ceos iranse enchendo de nubes co avance da mañá e produciranse precipitacións de xeito feble e disperso, máis probables na metade norte. As temperaturas mÃnimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán de xeito entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán do sudoeste frouxos pola mañá, con intervalos moderados entre Bares e Fisterra, rolando ó noroeste frouxos pola tarde.
Vento:
Ventos frouxos do sudoeste pola mañá, con intervalos moderados entre Bares e Fisterra, rolando ó noroeste frouxos pola tarde.
Temperatura:
Temperaturas mÃnimas en lixeiro ascenso e máximas en descenso entre lixeiro e moderado.
Néboas:
Brétemas costeiras no litoral atlántico e bancos de néboa matinais en comarcas do interior.
Estado do Ceo:
Aumento progresivo da nubosidade conforme avance a mañá, con precipitacións febles e dispersas, máis probables na metade norte. Apertura de claros durante a tarde.




