Bono rexeita o uso das linguas cooficiais no Congreso
O presidente do Congreso dos Deputados, José Bono, respondeu no primeiro dÃa do novo curso polÃtico a carta que lle mandaran en xullo os voceiros de ERC, CiU, PNV, BNG, IU, ICV, Coalición Canaria e Nafarroa Bai pedÃndolle o uso libre das linguas cooficiais nas sesións plenarias. Bono rexeitou permitilo alegando que serÃa preciso cambiar o regulamento.
A carta, que asinaron todos os grupos parlamentarios con representación no Congreso, agás o PSOE, o PP e UpyD, solicitaba que se facilitase o uso das linguas cooficiais, aÃnda que fose de xeito limitado, e facilitándolle a tradución aos servizos da Cámara, como tentara o anterior presidente do Congreso, Manuel MarÃn, antes de revogar a súa propia doutrina por falta de consenso.
José Bono asegurou que a iniciativa do anterior responsábel da cámara lexislativa carecÃa "de valor normativo ou como precedente", e que MarÃn acabou recoñecendo que se trabucara. Bono "vese obrigado a declinar responsabilidades" polo uso ou non de linguas distintas do castelán no Congreso, pois "ademais de teren un encaixe xurÃdico moi discutÃbel, ofrecen experiencias non especialmente satisfactorias".
Porén, deixou a porta aberta asegurando que "o regulamento do Congreso pode ser modificado, pero non lle corresponde ao seu presidente facelo. Se os deputados, maioritariamente, cren que debe modificarse, pódeno cambiar eles", aÃnda que, "non podo transformar en maiorÃa unha minorÃa".
Fuente: vieiros




