Caramelo retira o concurso de acredores

Unha vez executado o Expediente de Regulación de Emprego (ERE), mediante o cal Caramelo extinguiu 237 contratos, a empresa poderá ser rendÃbel. Asà se entende da decisión tomada pola directiva, quen solicitou ao Xulgado do Mercantil da Coruña que arquive o preconcurso de acredores presentado o pasado 13 de xuño. Este movemento obedecerÃa aos acordos acadados cos acredores, ao refinanciamento da débeda coas entidades bancarias e a unha posÃbel redución de custos.
Segundo adiantou Caramelo nun comunicado, este procedemento "responde ao interese da empresa en sacar adiante a firma", se ben subliña que a entidade "se atopa aÃnda nunha situación financeira delicada". Actualmente, a débeda ascende a 55 millóns de euros, ao que hai que engadir "o gran dano sobre a imaxe da compañÃa polo conflito xerado a raÃz do ERE", se ben asegura que tratará de "dar os pasos necesarios para aumentar a competitividade". Segundo explica no documento, "Caramelo desexa iniciar unha nova etapa e poñer en marcha as medidas previstas e necesarias para reorganizar a compañÃa e sacala adiante".
Reacción dos traballadores
A noticia sorprendÃa os representantes dos traballadores, que lamentan non recibir ningún tipo de comunicación oficial sobre a decisión. "O Comité de Empresa non foi informado", explica Dores MartÃnez, voceira da CIG-Téxtil, quen denuncia que, dende que se produciran os despedimentos non foi convocada "nin unha soa xuntanza cos representantes sindicais".
Con todo, entende que "pode ser unha boa noticia, se se confirma unha viabilidade para a empresa", se ben tampouco descarta que "poida ser outra manobra do señor Jove para desfacerse do morto e poder vender a compañÃa, xa libre do procedemento concursal". De todos os xeitos, MartÃnez subliña que o prioritario para os traballadores é "unha garantÃa por parte de Caramelo sobre o mantemento dos nosos postos de traballo, un extremo que a dÃa de hoxe aÃnda non temos confirmado".
Fuente: vieiros




