O Concello da Coruña estreita a colaboración con Afaco na aposta polo benestar social na cidade
O Concello asinou onte un convenio de colaboración coa Asociación Afaco polo que o goberno local coruñés achegará 6.000 euros para diversas actividades desta asociación de enfermos de alzheimer. O convenio é unha mostra máis da estreita colaboración que existe entre o goberno local coruñés e Afaco dende hai varios anos e que se materializou en múltiples iniciativas para mellorar a atención aos afectados por esta enfermidade.
É unha mostra do compromiso do Concello co benestar social dos seus veciños, segundo afirmou o alcalde, que lembrou as actuacións realizadas con este colectivo e que culminarán coa construción dun centro para enfermos de Alzheimer en EirÃs, que será posible tras a cesión dunha parcela de solo municipal de 2.000 metros cadrados.
Ademais, o Concello da Coruña achegou 100.000 euros para a redacción do proxecto do centro e asinouse un convenio con Afaco e coa Fundación Reina SofÃa, institución punteira en investigación e tratamento do Alzheimer, para conseguir a súa asistencia técnica e o seu apoio no proxecto.
A continua colaboración do Concello, a través da ConcellerÃa de Servizos Sociais que dirixe a concelleira Silvia Longueira, con Afaco permite tamén que a asociación conte cun local social no centro cÃvico de San Diego.
Na aposta polo benestar social, o Concello da Coruña acaba de aprobar as licenzas de obra e de apertura dos centros de dÃa e das escolas infantÃs que se realizarán en EirÃs e en Monte Alto.
Compromiso co benestar
O convenio con Afaco é un dos máis de 100 que asina anualmente o Concello con entidades e asociacións de carácter social. Un compromiso firme do Concello que se traduce nun investimento de sete millóns de euros en diversos programas que permiten atender cada dÃa a 2.000 persoas maiores de 65 anos. Este compromiso social plásmase tamén na rede de centros cÃvicos, a máis extensa de Galicia, con 22 instalacións.
Ademais, o Concello cedeu unha parcela valorada en seis millóns de euros para construÃr unha nova residencia de Padre Rubinos, onde se duplicará o número de persoas que reciben axuda.




