José Blanco anuncia un Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas para impulsar os aeroportos de Galicia
O ministro de Fomento, José Blanco, anunciou hoxe no Congreso dos Deputados que o seu departamento vai propoñer de xeito inmediato a creación dun Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas para impulsar o tráfico aéreo nos aeroportos de Galicia.
En resposta a unha interpelación parlamentaria, Blanco explicou que o obxectivo deste comité será o establecemento e a consolidación de novas rutas aéreas nos aeroportos galegos.
O ministro sinalou que este comité estará formado polas administracións e axentes sociais de Galicia co obxectivo de "xuntar esforzos e concentrar vontades". "Queremos coordinar o esforzo e o traballo de promoción que as administracións e outras institucións estamos a realizar", subliñou.
Por iso, Blanco explicou que xa trasladou na mañá de hoxe este proxecto o presidente da Xunta de Galicia e que deu instrucións á SecretarÃa de Estado de Transportes para que convoque de xeito inmediato unha reunión coa Xunta de Galicia, os alcaldes da Coruña, Santiago e Vigo e os presidentes das Cámaras de Comercio e da Confederación de Empresarios de Galicia para poñer en marcha o comité.
Blanco destacou que o Comité de Desenvolvemento de Rutas Aéreas é un instrumento eficaz para a promoción dos aeroportos da comunidade autónoma. "Galicia disporá dunha nova e eficaz ferramenta para impulsar o tráfico aéreo dos seus aeroportos, promover a creación de emprego e axudar ao desenvolvemento da Comunidade Autónoma", manifestou. Polo que se refire aos datos de tráfico aéreo en Galicia, o ministro recordou que nos últimos catro anos os aeroportos galegos no seu conxunto viron incrementados nun 42% o número de pasaxeiros. Ademais, apuntou que o descenso de pasaxeiros en 2009 debido á conxuntura económica internacional é inferior en Galicia que no conxunto de España (8,5% fronte a un 10,6%) e que, nos dous últimos meses, o tráfico aéreo en Galicia creceu respecto ao verán de 2008 (3,6% en xullo e 9,6% en agosto nos tres aeroportos: A Coruña, Santiago e Vigo).
Para apoiar e consolidar esta recuperación que corroboran os datos interanuais de xullo e agosto, Blanco destacou que o seu departamento está a acelerar os investimentos nos tres aeroportos. AsÃ, Fomento destinará máis de 400 millóns a estas infraestruturas nos próximos catro anos. Entre estes investimentos do Goberno de España nos aeroportos galegos, Blanco citou a construción da nova Terminal e da nova torre de control en Santiago, os novos aparcadoiros e as ampliacións da pista e da plataforma de estacionamento na Coruña, e o novo aparcadoiro e o proxecto de ampliación da Terminal en Vigo.
En canto á xestión aeroportuaria, o ministro de Fomento reiterou o seu compromiso de ter definido antes de finalizar o ano un novo modelo de xestión dos aeroportos en España.




