A Coruña: O pleno aproba a modificación do Regulamento de Honras e Distincións que posibilita a aplicación da Lei de memoria histórica

O pleno municipal aprobou, coa abstención do Partido Popular, a modificación da
Disposición Transitoria do Regulamento de Honras e Distincións para a aplicación da Lei 52/2007, a denominada Lei da memoria histórica, pola que se recoñecen e amplÃan dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura. Esta modificación abre a porta á retirada de honras e distincións en aplicación da citada Lei 52/2007.
Asà mesmo, o pleno aprobou o informe da Comisión de Expertos do Concello da Coruña para a aplicación da Lei de memoria histórica, tras excluÃrse o seu punto 8 no relativo á retirada de retratos da galerÃa de alcaldes, por entender que os ditos retratos non constitúen un recoñecemento honorÃfico nin supoñen ningunha exaltación de quen ocupou o cargo, senón o mero reflexo deste feito.
Aprobouse tamén a introdución dun novo capÃtulo (o X) no Regulamento para a concesión de honras e distincións do Concello da Coruña. Este novo capÃtulo establece o que debe entenderse por irmandamento e a súa distinción doutras figuras afÃns, asà como a prohibición de realizalos con cidades situadas en estados que non respecten os principios democráticos e os dereitos humanos. A modificación do Regulamento establece tamén os fins e obxectivos que debe perseguir un irmandamento e o procedemento para a súa realización, no que se outorga a iniciativa ao alcalde, dáse entrada á participación cidadá a través da Comisión de Irmandamento e resérvase ao pleno municipal a súa aprobación.
Asà mesmo aprobouse a proposta da AlcaldÃa do Concello da Coruña sobre o nomeamento de rúas dedicadas a personalidades relevantes en diversos campos da actividade pública e privada, co fin de facer visible o recoñecemento social a determinados cidadáns. A proposta recolle os seguintes nomes:
Antón Vilar Ponte: Farmacéutico. Deputado republicano fundador das Irmandades da Fala.
Fructuoso Casasola: Farmacéutico do barrio do Portazgo.
Manuel Mosteiro: Profesor e fundador da Academia MDM.
Luis López Casanegra: Médico.
Julio Portela Ceballos: Inspector de Traballo. Fundador da Escola Universitaria de Relacións laborais e da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD)
Juan Manuel Iglesias Mato, Palau: Concelleiro
Asà mesmo aprobouse denominar Praza do Museo Nacional de Ciencia e TecnoloxÃa o novo espazo dende que o que se accederá ao Edificio Prisma, que acollerá as instalacións do citado museo.




