108 rúas para A Coruña
O 7 de setembro de 2009 foi un día histórico para A Coruña porque o pleno da corporación municipal aprobaba sen votos en contra (votos a favor dos grupos municipais do PSOE e BNG e abstención do PP) a retirada de máis de 50 símbolos da ditadura. Xa non ostentamos o vergoñento título de Capital da simboloxía franquista.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), que estivo durante estes anos á cabeza da información e mobilización cívica para acabar con esta vergoña, quere continuar coas súas propostas construtivas e pon a disposición dos grupos municipais, e da opinión pública, estas "108 rúas para A Coruña", para cando haxa que substituír as rúas franquistas eliminadas ou poñer os nomes ás novas rúas. Respectamos e valoramos outras propostas que, sen dúbida, serán presentadas nos próximos meses por parte de particulares ou asociacións, que poden coincidir coas nosas.
Facéndonos eco das declaracións do Alcalde, Javier Losada, no sentido de recuperar os nomes tradicionais, esperamos que o Goberno municipal rectifique, suprima a rúa franquista de Disciplina e recupere para Monte Alto o seu nome tradicional de Liberdade. Igualmente, que se recuperen, entre outras, as rúas tradicionais Do Socorro (hoxe Juan Canalejo), Costa da Unión (hoxe Tenente xeneral Gómez Zamalloa),etc.
Historicamente non se tivo en conta ás mulleres á hora de colocar o nome de novas rúas, que ocupan hoxe menos do 5% do nomenclátor actual. Consideramos que hai que acabar con esta lamentable situación e recuperar a igualdade: nas novas rúa debe haber, como mínimo, o mesmo número de mulleres que de homes. Incluímos na relación a trinta mulleres, que figuran sempre ao principio de cada apartado
Facemos un agrupamento das 108 rúas en diversos apartados; é evidente que se poden facer outros moitos agrupamentos, xa que algunhas persoas teñen múltiples perfiles: poden ser socialistas, mais tamén republicanos; significadas persoas da cultura e galeguistas; afiliados á CNT e dirixentes comunistas, etc.
Estas propostas teñen un carácter educativo -están a disposición dos centros de ensino- e poden axudar a coñecer mellor a historia da Coruña, de Galicia e da humanidade.
Esperamos que este traballo -que recolle achádegas de historiadores, asociacións e diversos sectores sociais- teña unha boa acollida por parte da corporación municipal e das entidades e institucións da Coruña.
Esperamos tamén a máxima divulgación destas breves biografías por parte dos medios de comunicación, para que cheguen a coñecemento da cidadanía coruñesa e das futuras xeracións.
RECUPERACIÓN DE NOMES TRADICIONAIS,
CAMBIADOS POLO FRANQUISMO
Juan Canalejo / Do Socorro
General Sanjurjo / Avenida dos Castros
Tenente Coronel Teijeiro / Antón Vilar Ponte
Comandante Barja / Nicolás Salmerón (Presidente da I República,1873)
Tenente General Gómez Zamalloa Costa da Unión
Millán Astray / Praciña do Cuartel de Atocha
Castillo de Olite / Campo dos Tornos
Plaza General Mola / Praciña da Fonte de San Andrés ou Fonte da Fama /
Rúa General Mola / Calexón ou Venela do Perete (de Olmos a Real)
Cánovas Lacruz / Praciña do Parrote ou do Cárcere
*Calvo Sotelo / Riazor
*Primo de Rivera / Mártires de Jaca
*Cabo Ponte Anido / Do cemiterio
*Disciplina /Liberdade
(*) Aínda non se aprobou o cambio de nome
EFEMÉRIDES, HISTORIA
Inés de Ben (defensora da cidade)
8 de marzo (Día Internacional da Muller)
10 de Marzo (Día da clase obreira galega)
Galiza Martir (17 de agosto)
28 de xuño (aprobación do Estatuto de Autonomía en 1936)
1º de maio (Xa existía este nome antes da Ditadura)
Dignidade (13 novembro-Prestige)
Irmandades da Fala
Irmandiños
Parque dos mortos do Portiño (onde estaba o vertedoiro de Bens)
Mártires de Carral (xa existía este nome antes da Ditadura)
"El resplandor en el abismo" (ateneo libertario da Silva)
"Germinal" (Centro de Estudos Sociais)
"La nueve" (compañía de republicanos españois, que liberou París)
"Batallón Galicia" (unidade militar fundada en setembro de 1936 por refuxiados e residentes galegos na Asturias republicana
VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA
Mercedes Romero Abella
"La Corales" (Basilisa Álvarez González)
Elisa e Marcela
COMBATENTES REPUBLICANAS
Henriqueta Otero Blanco
Marciana Pimentel
Esperanza Rodríguez Gómez
RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA, GUERRILLEIROS
Manolito Bello
Xosé Gómez Gaioso
Antonio Seoane Sánchez
Benigno Andrade García "Foucellas"
EXILIO
María Miramontes Matos
Syra Alonso
María del Amparo Alvajar López
SINDICALISTAS
Rosario Vizoso Serantes
Consuelo Meitín Rodríguez
Consuelo Rabuñal Suárez
Benito Couceiro Gómez
Jacinto Méndez Esporrín
Juan No Iglesias
Eugenio Carré Naya
CULTURA, CIENCIA, PROFESIONAIS
María Antonia Dans
María Valverde
María Luísa Nache
María del Carmen Corredoira
María Dolores Díaz Baliño
Isabel Martínez-Barbeito y Morás
Maruxa Mallo
Ofelia Nieto
Luisa Villalta
Ángeles Alvariño González
Marie Curie
María Luz Morales Godó
Milagros Rey Hombre
Rigoberta Menchú
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Antolín Faraldo
Benito Vicetto Pérez
Xoán Vicente Viqueira Cortón
Manuel Lugrís Freire
Pintor Maside
Eduardo Blanco Amor
Celso Emilio Ferreiro
Irmáns de la Iglesia González
Ramón Otero Pedrayo
Leandro Carré Alvarellos
Uxío Novoneyra
Ricardo Carballo Calero
Jenaro Marinhas del Valle
Manuel María
Luis Caruncho
Manuel Lourenzo
Manuel Rivas
Roxelio Groba
Raimundo Patiño Mancebo
Emilio Fraga Lago
Juan Rodríguez Sardiña
Antonio Tenreiro Rodríguez
IRMANDADES DA FALA, GALEGUISTAS
Elvira Bao Maceiras
Amparo López Jean
Ánxel Casal Gosenxe
Víctor Casas Rey
Plácido Ramón Castro del Río
Ramón Suárez Picallo
Xenaro Ruano Sanjurjo
Lois Peña Novo
ANARQUISTAS, SOCIALISTAS, COMUNISTAS, REPUBLICANOS
José Moreno Torres
Xosé Boedo
Manuel Montes Don
Manuel Seoane Díaz
Ramón Maseda Reinante
Xesús Lorenzo Varela
Manuel Escariz Bugallo
Pi i Margall
MOVEMENTOS CÍVICOS, DEREITOS HUMANOS
Tomás Fábregas
Henrique Aller
Moncho Valcarce
Marcelino Liste
Vicente Ferrer
INSTITUCIÓNS
Real Club Deportivo




