Economistas

Botadura oficial de ProLingua: dorna plural "para que non afunda a ilusión"

prolingua.jpgUnha iniciativa para que a lingua e cultura galegas non sexan condenadas a ser "un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".

Ilusión, rebeldía, esperanza, gañas de traballar, vontade de colaboración e optimismo inxectouse este sábado na asemblea fundacional da plataforma ProLingua. Unha iniciativa que botou a andar con masiva afluencia este primeiro sábado de outubro ao salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Interveu en primeiro lugar Francisco Fernández Rei, quen subliñou o escenario de preocupación e desalento do que hai uns meses xurdiu a idea de unir voces en favor de "crear algo apartidario e plural capaz de traballar a prol da visibilización da lingua" e para "devolver o idioma ao lugar que merece". Fernández Rei definiu a xornada como "un día feliz para acudir á botadura de Prolingua" á que comparou cunha dorna "de fasquía plural" e "símbolo do país". Botando man do vocabulario mariñeiro, continuou o profesor Fernández Rei apuntando que "mesmo no mal tempo a dorna é barco seguro se leva bo patrón ou patroa". Ao fío, advertiu que, logo dun tempo con vento lixeiro "de popa", para a lingua o vento chega agora de proa, ameazando freala. Por ese motivo, remitiuse ás verbas dos vellos mariñeiros, que tiran da expresión "voltaghear" para definir a estratexia de aproveitar os refachos para navegar nesa condición adversa.

"O que Galiza necesita"
"Estou en Prolingua porque quero estar cos bos, coa xente miña, e estou totalmente seguro de que temos razón e ademais non mentimos", expresou de seguido Xabier P. Docampo, de cuxa cabeciña saíu inicialmente a idea de crear algo semellante ao que agora abrolla como a plataforma Prolingua, e encargado de explicar máis polo miúdo os detalles do funcionamento do colectivo. "Sempre puxemos fe e traballo, pero agora hai que poñer algo máis", salientou en referencia á vontade de Prolingua de autofinanciarse coas achegas dos seus asinantes e renunciar a calquera subvención de institucións públicas ou privadas. "Dise que cada país ten o que merece, pero Galiza neste momento debe ter o que necesita", desafiou Xabier Docampo, instando os presentes ao compromiso activo para garantir que a plataforma poida desenvolver "unha chea de cousas visíbeis e necesarias" en favor da lingua galega.

Como primeira acción, Prolingua distribúe un pequeno pin co símbolo da plataforma. O abrocho, destacou Docampo, quere "visibilizar o orgullo da nosa lingua e a necesidade de defendela, promovela e falala". A curto e medio prazo, o escritor avanzou unha ducia doutras ideas que Prolingua pretende desenvolver, entre outras: a elaboración dun amplo argumentario "que contrarrestre as mentiras que se están a difundir", a distribución de colantes con lemas a prol da lingua, a promoción do galego en ámbitos como o da Igrexa ou o ensino e a organización dunha "gran marcha pola lingua" en maio de 2010.

"Motivos" plurais para o apoio a unha iniciativa plural
"Actuar en positivo" e despregar "accións sociais que ninguén fará se non as facemos nós", foron obxectivos destacados polo escritor Agustín Fernández Paz na defensa do nacemento de Prolingua, ao que definiu tamén como acción de "rebeldía ante o intento de deslexitimar dereitos dos galegofalantes". Evocou Fernández Paz á histórica Rosa Parks, figura clave do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e protagonista dunha faísca decisiva o día que se negou a cederlle o asento no bus a unha persoa branca. Recordou o escritor vilalbés as palabras de Parks: "Estaba farta de ceder e ceder", e considerounas inspiradoras á hora de reclamar para os galegofalantes igualdade de dereitos no país para que a nosa cultura "non sexa un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".

Falou tamén Mercedes Queixas quen repasou o contexto de represións e prexuízos que lle fora imposto a seus avós e pais e dixo estar segura de que a xeración de súas fillas "habita unha páxina en branco que entre todos podemos axudar a escribir" contribuíndo a que "estean orgullosas de quen son e de onde veñen". "A cidadanía debe marcar os tempos e ser o motor dos cambios", engadiu Queixas. "Eu estou en Prolingua por meus fillos", sentenciou tamén Henrique Costas. Pola súa parte, Pilar Ponte destacou unha vez máis a heteroxeneidade das persoas que apoian Prolingua arredor "dunha causa común que nos une: o galego". Da súa banda, e para ilustrar a tal pluralidade, Martin Pawley quixo cinxirse á breve lectura dalgunhas das ducias de profesións dos primeiros mil asinantes do manifesto: mestres, avogados, camareiros, historiadores, economistas, labregos, mariñeiros, un fareiro, farmacéuticos, editores, carteiros, libreiros, pasteleiros, veterinarios... Xosé Luís Rodríguez Pardo chamou a defender a lingua "como se fose a nosa vida". "Será, se todos queremos, Prolingua para sempre", arreboloulle ao auditorio. Finalmente, Rafael Cuíña, pechou a rolda de motivacións da decena de promotores que falaron inicialmente, recordando o paradoxo de súa infancia cando na escola lle impartiron "aulas de galego en castelán" e subliñou o seu "compromiso absoluto coa lingua" e a vontade de loitar contra "complexos de inferioridade" que lastran o idioma na sociedade.

O núcleo de traballo de Prolingua artellarano neste inicio un grupo de arredor de corenta persoas, entre os que están os antes mencionados, mais na asemblea quedou lanzada a chamada á colaboración e o traballo de todo aquel que queira realizar achegas de calquera tipo. Na web Prolinguagalega.org está toda a información ao respecto, incluídos enderezo electrónico e ligazóns a redes sociais. Prolingua constituirase a efectos formais como asociación, pero sublíñase que internamente seguirá un funcionamento "non xerárquico". En breve, comezará a constitución dunha rede de núcleos comarcais de apoio, información e traballo.

"Necesitamos máis ollos, máis mans, máis cerebros e máis corazóns, porque os inimigos da lingua son poderosos", advertiu Xabier Docampo. "Dependemos das nosas forzas... e xogamos na casa", animou.
Fuente: R. Noguerol/vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg