Economistas

Fartos de ceder e ceder

galego.gifReproducimos a continuación o artigo publicado polo presidente da Mesa no diario Galicia Hoxe.

O compromiso individual na normalización do galego

Regueiros de esperanza percorren Galiza estes días. Non paran de abrollar xuntanzas e iniciativas en defensa do noso idioma. Aínda que a TVG nunca se faga eco (e cando digo "nunca" é "nunca", non é que bote man da hipérbole), vemos que un día tras outro hai reunións para artellar respostas a este furibundo ataque contra a nosa lingua que encabeza Alberto Núñez Feijóo.

O compañeiro Fran Rei, vicepresidente da Mesa e esforzado coordinador da xestora de Queremos Galego, coméntame que unha vez que se puxo esta semana en funcionamento o web da plataforma, son xa 1.000 os seus adherentes individuais e van camiño das 200 as entidades integrantes. Ademais, as constitucións de Queremos Galego en cada comarca están a ter tamén unha presenza e unha viveza significativa. 95 persoas na Estrada, 75 en Ferrol, unhas 50 en Vigo e A Coruña etc etc. Como exclamaba coa súa tremenda enerxía Avelino Pousa Antelo ante os miles de manifestantes do 17 de maio: "Por xente coma vós, Galiza non morrerá, o galego non morrerá".

Ademais da plataforma de entidades que é Queremos Galego, botan flor outras ideas e outras agrupacións irmás. Así mesmo, as organizacións sensíbeis colocan a situación da lingua nos primeiros puntos das súas ordes do día, conscientes do momento na verdade histórico e decisivo. As agresións son diarias e non son só simbólicas, mais os ventos frescos de resistencia tamén braman cargadiños de esperanza.

Este sábado participei na presentación dunha destoutras propostas: Prolingua. Os medios de comunicación que noticiaron o evento estimaban que na xuntanza nacional habería unhas 250 persoas. Eu penso que máis, aínda que non é cousa de discutir agora por números. O caso é que en todas estas xuntanzas que se están a convocar para defender o idioma, igual que o veremos na manifestación do vindeiro 18 de outubro, a participación está a ser ben relevante, non só dun punto de vista cualitativo, senón tamén do cuantitativo. Xa vedes. Agardaban un pobo abúlico e submiso e encóntranse con pescozos firmes e olladas en fite.

O compromiso individual

Na presentación de Prolingua, houbo discursos verdadeiramente memorábeis, dirixidos como unha frecha certeira ao corazón do monstro da galegofobia, ao centro do problema. Ademais, e fronte a quen quere presentar unhas entidades que defenden a lingua como más e outras como boas, ou mesmo como incompatíbeis unhas coas outras, a realidade é que o discurso deste sábado é o mesmiño que nos une a todas e todos os que preocupados polo galego. E o que non é menos importante: sinaláronse propostas de acción para axotar o perigo do testemuñalismo.

Agustín Fernández Paz foi, con certeza, moi crítico coas políticas lingüísticas aplicadas nesta etapa autonómica, ás veces caracterizadas pola desidia e moitas outras, como agora, pola insidia. "Fomos burlados pola teoría do amodiño", exclamou, ao tempo que reclamou rebeldía fronte á consideración das usuarias e dos usuarios de galego como cidadáns de segunda. O exemplo que puxo é inmellorábel: o caso de Rosa Parks, a estadounidense negra que padeceu prisión por non abandonar o seu asento para que puidese acomodarse un racista cu branco, tal e como marcaba a inxusta e antidemocrática lei vixente. Ela declarou que o fixo porque "estaba farta de ceder e ceder". Canto temos que aprender dun xesto coma ese!

Claro que as linguas son fenómenos sociais e colectivos. Unha obra de arte creada por un pobo, que describiu nalgún momento Castelao. Mais tamén é certo que os falantes, como tales, temos dereitos individuais que podemos e debemos reclamar. As persoas que queremos vivir en galego non somos sempre abondo conscientes do poder que temos, da nosa capacidade para incidir de verdade se non renunciamos a usar o noso idioma con normalidade e a pronunciar estas catro sinxelas palabras acompañadas dun sorriso: "por favor, en galego".

Usar é defender

Hai anos, desde diferentes entidades, divulgouse un decálogo de defensa do galego baseado nun texto elaborado polo profesor Tilbert D. Stegmann, da Universidade de Frankfurt. En 2008, A Mesa pola Normalización Lingüística volveuno pór en circulación como proposta para difundir sobre todo nos centros de ensino. Hoxe continúa a ser plenamente útil e funcional.

Velaquí as súas propostas, que convido a asumir e practicar:

Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc. Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.
Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais exixe que tamén as outras persoas respecten a túa.
Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.
Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.
Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.
Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.
Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua.
Exixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amabelmente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.
Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.
Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, "sen rompelo nin lixalo", iso si que deteriora o idioma.

Todos estes consellos, que non mandamentos, podemos sintetizalos en dous. En primeiro lugar, darmos o paso de falar en galego sempre, con normalidade. Cambiar de lingua porque presupomos que non nos van entender ou porque é cortesía cun descoñecido é un puro prexuízo.

En segundo lugar, aínda que non menos importante, cómprenos dar o paso de solicitar atención e información neste idioma, como un dereito que debería darse por sentado. Non é só por defender a lingua, senón tamén porque é un dereito básico, un requisito para a convivencia en igualdade, sen cidadáns e cidadás de segunda por razón de lingua.

Non temos que achicarnos nin pedir perdón por querer vivir no noso propio idioma no seu territorio histórico, xenuíno, orixinal, natural e propio. Abondou xa de ceder e ceder.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg