O PSOE DENUNCIA "COBROS INDEBIDOS" POR PARTE DO ALCALDE DE COIRÓS
A Agrupación socialista de Coirós denuncia publicamente a existencia de "pagos indebidos" ao alcalde, o popular Francisco Quintela por parte do Concello.
A concelleira socialista, MarÃa Elena Garay Fernández, expresou de xeito reiterado as súas queixas diante do Pleno da Corporación, pola infracción da legalidade que supón a percepción destas cantidades por parte do Alcalde, atopándose co total desprezo do propio Alcalde e do seu equipo de goberno.
Antecedentes
Quintela viña cobrando ata mediados de 2006 dous salarios: un como médico do SERGAS (o único médico no Concello de Coirós) e outro como Alcalde, algo que prohibe expresamente a lexislación vixente.
Ante as reiteradas denuncias da oposición, cambiou o seu "sistema retributivo" para seguir cobrando as mesmas cantidades.
Por arte de maxia, creou a "Xunta de Delegados", órgano non contemplado na lexislación actual e sen cobertura legal de ningún tipo ao non existir no Concello de Coirós ningún Regulamento Orgánico que contemple tal órgano.
Nin convocatorias, nin Actas, nin a presencia do Secretario
Pedidas explicacións en Pleno, por parte da concelleira socialista, sobre as convocatorias das reunións que celebra a Xunta de Delegados, e sobre os temas tratados e as Actas desas reunións, tanto o Alcalde como o Secretario do Concello, recoñeceron que non habÃa ningún documento que dera constancia do tratado ou acordado nas mesmas, nin ningún tipo de convocatoria: [...] No está establecido un régimen determinado de reuniones, se reúne cuando es necesario convocándola el Sr. Alcalde. [...] Non se levanta acta pois é un órgano meramente deliberativo [...]. (Contestación a preguntas formuladas por escrito pola concelleira socialista en Pleno de data 11-03-2009).
O secretario e interventor do Concello de Coirós recoñeceu que se pagan cantidades ao Alcalde por asistencia a reunións dese órgano, mediante unha simple nota interna que o propio Alcalde lle pasa, na que lle indica a relación de asistentes e datas das reunións: [...] Para proceder ao pago das asistencias o Sr. Alcalde envÃa á SecretarÃa unha relación de asistentes e datas [...]. (Contestación a preguntas formuladas por escrito pola concelleira socialista en Pleno de data 11-03-2009)
Resulta curioso que segundo os datos recollidos nas contas do Concello de Coirós, correspondentes aos anos 2006 e 2007, ás reunións das Xuntas de Delegados as que asistÃan o Alcalde e dous concelleiros do seu grupo, non sempre os mesmos, solo cobraba polas asistencias o Alcalde. Non percibÃan ningunha compensación os outros dous concelleiros que o "acompañaban".
O PSOE pregunta no Parlamento de Galicia sobre o caso
O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu ven de denunciar a través dunha iniciativa parlamentaria a existencia de pagos indebidos ao alcalde de Coirós. Méndez Romeu presentou unha pregunta á consellerÃa de Presidencia sobre a "conculcación da lexislación do réxime local para xustificar pagos indebidos ao propio alcalde".
O parlamentario sinala que "á marxe da legalidade vixente" ven funcionando unha Xunta de Delegados no Concello, na que non participa a oposición, e "sen cobertura xurÃdica algunha", que "sirve para o pago de indemnizacións por asistencias ao alcalde e membros do seu equipo". A situación desta Xunta chega ao extremo, de que "non adopta acordos, non levanta actas das sesións e, iso si, ordena os pagos a través dunha nota interna".
Os socialistas presentan asà unha pregunta escrita ao conselleiro de Presidencia como titular desta consellerÃa e lembran que tamén é "máximo responsable do funcionamento do PP" para que explique si ten previsto "demandar formalmente ao alcalde o cumprimento estrito da legalidade" ou si iniciará "actuacións de oficio para a reposición da legalidade".




