Ananismo intelectual: 'La' Coruña, A Coruña
O asentamento na sociedade actual desa casta que poderiamos denominar "polÃticos profesionais", está a provocar nas últimas décadas a consolidación en España de auténticos réximes que tanto afectan a gobernos autonómicos como locais.
A consecuencia coñecida adoita ser dobre: corrupción e ineficiencia. No caso do Concello da Coruña, haberá que engadir un elemento máis: o aparvamento.
Que foto a do alcalde da Coruña asinando, arrodeado dos seus concelleiros, a carta sobre o topónimo dirixida a Feijóo! Que instantánea exemplo paradigmático de ananismo intelectual e estulticia estratéxica! Que imaxe para a posterioridade de patetismo gregario e baleiramento ideolóxico! A Coruña acumula graves problemas de todo tipo e a Corporación dedÃcase a recuperar a renegrida teima do topónimo... Se algúns deles o fosen apreciar, recomendarÃalles o artigo "La traición de la socialdemocracia" publicado en El PaÃs hai uns dÃas.
Resulta duro asumir que ese grupo de eufóricos seres humanos conforman a corporación municipal que goberna a miña (¿?) cidade. Mais vivimos en comunidade e un debe esforzarse para non illarse da contorna. Ó cabo, resulta unha caracterÃstica común co resto de criaturas, a nosa capacidade de adaptación. Asà pois, asumamos a realidade comunal: adiante coa cooficialidade do topónimo! Agora, eu suxÃrolles, de xeito que a adaptación sexa recÃproca, unha aplicación non lingüÃstica senón circunstancial; utilizarmos unha forma ou a outra segundo a circunstancia e a ocasión. Velaquà uns exemplos:
Para loubar a figura de Millán Astray ou defender as fazañas do Xeneral Sanjurjo, utilizaremos La Coruña; para lembrar os asasinados do Portiño e A Torre ou recoñecer o pensamento e obra de Casares Quiroga, falaremos de A Coruña.
Para continuar a misión do embaixador nacionalcatólico disfrazado de socialista, cadrarse ante a CapitanÃa Xeneral ou acatar os degoiros dos clans hexemónicos, recorreremos a La Coruña; para estudar o labor das Irmandades da Fala, homenaxear a Porlier ou admirar o legado de Salvador de Madariaga, empregaremos A Coruña.
Cando se traten os dispendios dos materiais nobres na beira do mar, das estatuas, ascensores, trenciños ou esmaltes, das terrazas estragadoras dos espazos urbanÃsticos, dos fogos artificiais a esgalla, das recepcións, xoldas e troulas con diñeiro público, diremos La Coruña; e cando falemos das mareas vivas, do magosto e máis do entroido, do campo da feira, das regueifas e da muiñeira, do Nadal, digamos A Coruña.
Se coincidimos con galegos achantadores, asimilados e coitados, ignorantes da nosa historia e alleos á nosa lingua, refirámonos a La Coruña; pero se estamos con galegos orgullosos de seu PaÃs e conscientes da idiosincrasia e cultura deste pobo, vocalicemos A Coruña.
Nunha reunión de "Coruñeses de Toda la Vida", nos concesionarios de Audi ou BMW desta cidade tan apegada ás aparencias e nos colexios privados, falemos de La Coruña; perante os cidadáns chegados das vilas lindeiras, cos veciños de Monte Alto, o Agra, Peruleiro ou Elviña, e nos colexios públicos, usemos A Coruña.
No peirao de embarcacións deportivas, La Coruña; no desprazado porto pesqueiro, A Coruña. No desfile das Forzas Armadas, La Coruña; nos dÃas de sol e luz, A Coruña. No "Centro de Ocio El Puerto", La Coruña; na Arquivo do Reino de Galicia, A Coruña. No pelotazo de Marineda e no resto de centros comerciais programados, La Coruña; nas tendas tradicionais e nos comercios condenados a pechar, A Coruña. Para ir rematando, cos loamiñeiros, enredantes e mamalóns, La Coruña; cos abnegados, valentes e xenerosos, A Coruña.
E unha vez definidos e consensuados os eidos onde aplicar cada termo, Losada (quere presentarse en 2011!), Moreda, Marón e demais compañeiros mártires, haberán decidir a súa posición: se nun lado ou no outro. Para min, que tentarán ficar nos dous. Con Feijóo.
Fuente y autor: Marcelino Fernández Mallo





Comentarios
Continuemos con la vÃa del maniqueismo: si hablo en español soy facha, si hablo en gallego soy muy progre...desde luego que con esa ESTATURA vamos muy lejos.
Mientras tanto, caemos en la trampa de un PP que primero se pelea y judicializa el uso de LA CORUÑA y después mete en un brete por el motivo contrario...Cuando podremos hablar de bilingüismo real?Probablemente nunca con tanto GIGANTE castellano o galegoparlante en exclusiva.
Y por cierto, Xabier ¿Es que tú no conoces ningún coruñés que hable habitualmente en castellano y no sea "facha"? DESDE LUEGO que tú no conoces Coruña...La verdad es que después de tantos años está uno muy HARTO de tanto cosmético "pogre-galeguista" que al final solo se queda en eso
Publicado por: JORGE GUERRERO | Novembro 5, 2009 9:27 AM