Arte e parte???: A Deputación da Coruña colabora con Caixa Galicia
Foto: Director Xeral Caixa Galicia e S.F. Moreda (Presidente da Deputación da Coruña, Membro do Consello de Administración e da Comisión delegada de Caixa Galicia e secretario xeral provincial do PSDGPSOE na Coruña)
Salvador Fernández Moreda, Presidente da Deputación da Coruña, vicepresidente de Caixa Galicia, Membro do Consello de Administración e da Comisión delegada de Caixa Galicia e secretario xeral provincial do PSDGPSOE na Coruña, en colaboración con Caixa Galicia, e orientado aos clientes de Caixa Galicia, creou un servizo que permitirá que o contribuÃnte poida domiciliar os seus recibos e formalizar o pagamento dos impostos locais a través do teléfono móbil.
Este servizo estará operativo nos primeiros dÃas de decembro, tras a entrada en vigor da nova Lei de servizos de pagamento, publicada no BOE o pasado dÃa 14.
Este servizo foi presentado onte na sede da Deputación da Coruña no curso dun acto no que participaron Salvador Fernández Moreda (presidente da Deputación da Coruña e vicepresidente de Caixa Galicia), o director de sistemas da entidade financeira, e o tesoureiro provincial.
Pagamento de tributos en caixeiros automáticos
O acordo acadado con Caixa Galicia permitirá tamén o pagamento dos recibos da Deputación con calquera tarxeta a través da extensa rede de caixeiros automáticos de Caixa Galicia, aÃnda que os usuarios non sexan clientes da referida entidade financeira. Os cidadáns tamén poderán seguir pagando os tributos nas oficinas da Deputación (once en toda a provincia), asà como na rede de sucursais da caixa galega, e a través de internet.
Salvador Fernández Moreda "agradeceulle" a Caixa Galicia o seu "apoio e colaboración como primeira entidade colaboradora desde a creación do servizo de Xestión Tributaria, xa que xestiona máis do 60% do total de domiciliacións, e no último ano realizou o 45% do total dos cobramentos efectuados por oficinas de entidades financeiras colaboradoras, e financia o 50% do custo de confección e impresión de documentos de cobramento e padróns fiscais". Actualmente, máis de 300.000 recibos cóbranse nas oficinas de Caixa Galicia.
Fuente: Deputación A Coruña




