Economistas

'Carta aberta ao presidente da Xunta'

galego.gifReproducimos o artigo publicado esta semana polo presidente da Mesa en Galicia Hoxe, unha carta aberta ao presidente da Xunta en relación coa alarma social que crean as súas políticas lingüísticas contra o galego:

Carta aberta ao presidente da Xunta
Señor Núñez Feijóo, escoite a sociedade e defenda o galego

Señor presidente:

Son moitos os motivos que me poderían levar a escribir esta carta pedíndolle que mude a súa nociva política contra a lingua propia de Galiza. Aínda que vostede descualifique as mobilizacións en defensa do galego considerándoas "manifestacións preventivas", a realidade tanxíbel é que nos case oito meses que leva como presidente non cesou de adoptar medidas en contra do idioma que nos une como galegas e como galegos.

En todo o tempo transcorrido desde a súa toma de posesión, aínda non emprendeu nin unha soa nova iniciativa para estender esta lingua a novos ámbitos ou para garantir a igualdade de oportunidades para quen, con toda lexitimidade, queira vivir en galego. Non sabemos, insisto, da primeira acción de goberno que dea cumprimento ao mandato estatutario de que os poderes públicos deben promover o idioma propio de Galiza.

Os miles de galegos e galegas que nos movemos na defensa da nosa lingua facémolo como nunca porque somos conscientes de que é a primeira vez na historia da democracia que un goberno autonómico anda a patadas co galego.

Tamén por vez primeira na historia é moeda común na Xunta que haxa altos cargos que fachendeen de non saber o idioma de Galiza, como se a ignorancia fose un mérito. Hai representantes institucionais do goberno que vostede preside que si saben galego mais que se negan a utilizalo no Parlamento ou nos medios de comunicación públicos creados para promovelo, que ordenan mudar a papelaxe administrativa para que non estea neste idioma, que mesmo infrinxen a legalidade ao responderen por escrito en castelán a misivas que lles chegan en galego... Esta prepotencia e falta de corrección institucional do seu goberno non obedece a ningún criterio racional, moito menos de servizo público, senón a unha política de odio contra o idioma do país.

Nada de preventivo ten tampouco a modificación por trámite de urxencia e cunha firme oposición sindical da Lei de función pública. A súa présa debeuse ao desexo de eliminar o galego como requisito real para acceder a un posto de traballo público, convertendo o castelán no único requisito de facto. Ese proceso, coa argumentación gobernamental de que a lingua propia de Galiza constitúe unha "barreira", ocupará un lugar destacado na historia das infamias contra a nosa cultura.

Vemos, ademais, como a literatura, a música, o audiovisual e tantas outras expresións culturais no noso idioma se ven agora desnutridas pola institución que competencialmente ten a principal obriga de fomentalas. Non hai ningún motivo presentábel que poida explicar que unha das primeiras accións do seu goberno sexa eliminar a partida que existía para que, tamén neste 2008, houbese axudas públicas para a tradución de libros desde e para o galego. A nosa é a única lingua con algún recoñecemento oficial no Estado que se encontra en tal situación.

Nese mesmo camiño vai a progresiva eliminación ou vaciado da programación cultural dos medios públicos autonómicos. A quen lle fai dano que a Radio Galega teña ao menos un programa que promova as novas propostas musicais no noso idioma? A quen prexudica que na TVG se promovan de forma protagónica os libros na nosa lingua, invisibilizados nas outras ofertas televisivas de ámbito estatal?

Aínda máis: A quen ofende que haxa programación infantil en galego? A decisión de que a TVG emita os Teletubbies en inglés, só con lexendas en lingua galega, non pode máis que considerarse sarcasmo, pois os seus destinatarios (os nenos e as nenas de menos de tres anos) non saben ler. Sabe, señor presidente, que a TVG é a única televisión do mundo que non emite os Teletubbies dobrados á lingua propia? Sabe, ademais, que nin noutras emisoras de televisión nin no mercado podemos encontrar produtos audiovisuais en galego para as nosas crianzas?

Nada ten tampouco de preventivo que se deixe de apoiar a tradución de software ao noso idioma, que a exitosa feira Cultur.gal deixe de realizarse, que se bote o fecho aos premios nacionais da cultura galega, que se impida a regulamentación de dereitos lingüísticos tamén para o galego no ámbito comercial e unha restra de exemplos máis. A listaxe das súas políticas contra a lingua de Galiza, como é bo de ver, é longa. Mais non podo esquecer un ámbito fundamental: o ensino.

Moitas veces di que aínda non derrogou o decreto actual, o 124/07, e pono como exemplo de que ninguén debería saír á rúa en defensa do galego. É certo que non o fixo e que, ademais, tampouco se coñecen cales van ser os trazos da nova proposta, a pesar de todo o tempo transcorrido. O único que se sabe é todo o que xa executou contra a nosa lingua no ensino: promulgar unilateralmente un decreto sobre educación infantil que reduce a presenza do noso idioma, desincentivar o programa de liñas neste idioma entre 3 e 6 anos, romper o modelo das Galescolas que mesmo aplaudiran organismos internacionais, tentar crear un clima social contrario á impartición de materias en galego, crear crispación e enfrontamento social cunha fraudulenta pseudoconsulta cuxos resultados agora nin tan sequera está a ter en conta...

Que no proxecto de orzamentos xerais o departamento de Política Lingüística sexa o que máis decreza (un 20%!) de todos os que conforman o organigrama da Xunta é tamén abondo elocuente.

Pídolle por favor que non repita máis en público que a maioría da xente apoia as súas políticas contra o galego, porque non é verdade. Debería lembrar, coa mínima humildade necesaria para ser un bo gobernante, que vostede é presidente da Xunta porque o seu partido ten un só deputado máis que a oposición e a pesar de que nas pasadas eleccións autonómicas contou con 5.000 votos menos que a suma dos sufraxios conseguidos polo PSdeG-PSOE e o BNG. Igual que debería ter presente que gañar unhas eleccións non é unha patente de corso para facer o que se quixer nin unha autorización para destruír unha lingua e unha cultura.

Debería ser consciente de que a súa política de provocacións e de ataques contra o galego conleva unha importante preocupación social, tanto por parte de persoas que utilizan este idioma no seu día a día como por quen non o fai. Así é: non se autoengane pensando que unha acción de agresións contra o galego vai recibir o aplauso da xente nova ou dos habitantes das zonas urbanas, por falar de dous segmentos sociais que padecen de forma moi aguda a desgaleguización.

A pesar de que hai grupos de poder económico e mediático que pretenden estender o autoodio e sustentar a mingua de dereitos para os usuarios e as usuarias da lingua galega, a verdade é que hoxe a inmensa maioría da sociedade rexeita a galegofobia e apoia a execución de políticas de promoción do idioma natural de Galiza.

Vostede ten enriba da súa mesa desde hai máis dunha semana unha carta que expresa a disposición ao diálogo por parte da plataforma Queremos Galego. Está a tempo de rectificar. Por favor, fágao, porque a súa política contra o noso idioma non pode traer nada bo para ninguén.

A sociedade valorará que rompa coa crispación, que aplique os consensos a que chegamos entre todas e todos, que defenda un dos nosos principais elementos de identidade e cohesión, sen o cal sería inimaxinábel ningún grao de autogoberno; sen o cal sería inimaxinábel a Xunta de Galiza que vostede preside.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg