Economistas

Gravar o gran capital

O primeiro ministro británico, Gordon Brown, defendeu este sábado a posibilidade de impor un imposto global ás transaccións financeiras, a coñecida como taxa Tobin, como parte dun novo "contrato social" coa banca para que sexa máis responsable ante a sociedade e proporcione unha "xusta distribución de riscos e recompensas".

Durante a súa intervención no cumio do G-20 celebrado esta fin de semana en Escocia, Brown afirmou que é inaceptable que os éxitos da banca beneficien uns poucos mentres que as súas crises "as pagamos todos". O recadado por esta nova taxa financeira podería, segundo dixo, conformar un fondo que serviría para financiar futuras axudas á banca como as concedidas polos Estados para superar a actual crise financeira.

"Houbo propostas sobre unha taxa de garantía que repercuta no risco sistémico, un fondo de resolución, un capital para continxencias ou unha taxa de transaccións global", declarou Brown, quen fixo un chamamento á unidade de todos os países, xa que, pola contra, Reino Unido non fará nada tampouco.

"Gran Bretaña non se moverá a menos que outros se movan connosco", advertiu. "Non subestimo de ningún xeito as enormes e difíciles cuestións técnicas e prácticas que deberán superarse para (a implantación de) un sistema global cohesionado, pero non creo que estas cuestións poidan impedirnos considerar con urxencia a proposta lexítima que expuxen", agregou. Brown recoñeceu que os gobernantes non tiveron outra opción que intervir ante a gravidade da crise.

A banca, como era de esperar, contraria

A resposta ó discurso de Brown non tardou en chegar desde unha voceira da Asociación da Banca Británica (BBA), Angela Knight. "Non funciona porque é necesaria unha aplicación global perfecta ou case perfecta", afirmou Knight en referencia á taxa Tobin. Con todo, desde organizacións como Oxfam consideran que a aplicación deste gravame sería "un gran paso para superar a lea causada pola súa cobiza", segundo palabras de Max Lawson en declaracións á BBC.

No seu discurso, Brown defendeu tamén manter as axudas públicas ante as iniciativas de países como Estados Unidos, Xapón ou Alemaña que aspiran a lograr unha "estratexia de saída" que permita a eliminación destas axudas. "Sería arriscado pór en perigo a recuperación coa eliminación repentina do financiamento e o investimento que dá apoio a familias e negocios", dixo. O mandatario británico indicou que é "esencial" ademais lograr avances na negociación sobre o financiamento da loita contra o cambio climático.

En orixe, de xustiza social

A chamada taxa Tobin é un hipotético imposto sobre o fluxo internacional de capitais que foi suxerido polo economista James Tobin en 1971, Premio Nobel de Economía en 1981, cuxa instauración global foi proposta e impulsada polos movementos anticapitalistas. Estes coidan que sería un importante ingreso para combater a pobreza pero os liberais opinan que sería intervencionista.
EUROPA PRESS / EFE / galicia-hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg