Economistas

Mellor regalalo... :¡basta xa!

O agro galego entoou onte un claro ¡basta xa! na xornada de paro de seguimento masivo, an­tesala da multitudinaria mani­festación que hoxe percorrerá as rúas de Madrid. Farto de ter que regalar o froito dos seus esforzos, vendendo por de- ba­ixo do prezo real de produción a industrias e distribuidoras, o campo saíu á rúa e fixo lle­gar os alimentos directamente ós consumidores. Xóvenes Agri­cultores (XXAA), Unións Agra­rias (UUAA) e as cooperativas de Agaca repartiron gratuita­mente 6.000 quilos de patacas en Santiago e Lugo: ó produtor págaselle ata a catro céntimos o quilogramo, mentres os fo­gares pagan uns setenta; e en Compostela, tamén lles fixeron chegar ós transeúntes que pa­saban polas proximidades da praza do Toural máis de media tonelada de carne de tenreira.

Xuntos na defensa do sec­tor, aínda que non revoltos, o Sindicato Labrego Galego (SLG) preferiu organizar mercados transparentes no Obelisco da Coruña, ante o edificio da Xunta en Lugo, e na praza da da Peregrina en Pontevedra. En Santiago estaban a metros dos seus compañeiros do resto de formacións profesionais agra­rias e cooperativas, pero non hu­bo contacto. Para informar os consumidores, o sindicato colo­cou fronte a hortalizas e alimen­tos máis elaborados carteis co prezo que perciben os agri­cultores e gandeiros polo fru­to do seu traballo, e o que pagan os consumidores no punto de venda, con diferenzas que chegan a alcanzar o 1.000 por cento.

As máquinas percorrían Xinzo de Limia en Ourense nunha tractorada á chamada do SLG, mentres en toda Galicia se paralizaba a recollida de leite: todas as cooperativas pechaban a billa, e as industrias tamén decidían deixar a recado os seus camións cisterna. O comer­cio en múltiples comarcas rura­is tamén botaba o enreixado.

De éxito rotundo acusábase a escala española a primeira xorna­da de paro convocada por Asaja, COAG, UPA e as cooperativas. Non houbo inci­dentes nos máis de 200 actos reivindicativos.

BRUXELAS A UE cambia a xestión das multas polas cotas leiteiras

Mentres o agro comezaba a súa particular revolta, os ministros de Agri­cultura da UE ratificaron onte varias medidas contra a crise do sector lácteo, que consisten nun cambio na xestión das multas polas cotas leiteiras e nunha cláusula de urxencia para que Bruxelas reaccione rá­pido ante futuros problemas de prezos. Estas medidas únense ó fondo especial de 300 millóns de euros que os ministros de Orzamento da UE aprobaron esta semana para 2010.

Ademais, tamén informaban onte de que o litro de leite na Unión Europea subiu no mes de setembro un 3,7 por cento, e un 2,3 en España fronte ó mes anterior, aínda que seguen sendo moi inferiores ós de 2007 e a media de 2006: 26,24 céntimos por litro en Europa e 27,90 de media en España.
REACCIÓNS García esixe transparencia

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, subliñou onte en Santiago que tanto a pataca como a carne son dous produtos que reflicten "mellor" o que está a pasar no agro coas marxes comerciais. Denunciou que o quilo de pataca se está a pagar ao produtor a catro céntimos, mentres se vende en supermercados a "máis de 60". "O que pedimos non son subvencións, nin que o consumidor pague máis, senón que o que nos pagan a nós de menos repercuta no consumidor", demandou García, que puxo fincapé na transparencia.

Bello: "Somos reféns da industria"

O secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, manifestou no Toural de Santiago que sen medio rural "non hai vida", polo que demanda o pagamento de "prezos xustos" que polo menos cubran o custo de produción. As súas críticas dirixíronse principalmente cara á Administración do Estado, e cualificou de "media ministra" á titular de Medio Rural, Elena Espinosa, á que acusou de non estar "sensibilizada co sector agrario" así como de "inacción", e remarcou: "agora somos reféns das industrias".

"É cuestión de estado", di Freire

A secretaria xeral do Sindicato Labrego, Carme Freire, acusou a Administración de ser a "única culpable" da situación que está a vivir o sector primario en Galicia. Sobre isto, criticou que o Goberno central non estea a defender ningunha das medidas que teñan que ver con "salvar" os sectores agropecuarios. Ademais, chamou a atención á Xunta para que converta esta problemática nunha "cuestión de Estado" igual que outras cousas "como a chegada da alta velocidade".
Fuente: galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg