Economistas

Na procura dun Quioto II

kioto261109.jpg

Entre o 7 e o 18 de decembro celebrarase en Copenhaguen (Dinamarca) a 15ª Conferencia das Partes (COP-15) da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático. Se non a derradeira, pode ser unha das últimas oportunidades para camiñar cara o que Kumi Naidoo, o sudafricano que recentemente asumiu a dirección executiva de Greenpeace, define como un acordo fab.

Non fabuloso, non. Fala de fair (xusto), ambitious (ambicioso) e binding (vinculante). "Xusto significa que o tratado debe recoñecer que hai responsabilidades diferentes pola catástrofe climática en que nos atopamos. Os países pobres son menos responsábeis polas emisións de carbono", afirma Naidoo.

E é que no eido das responsabilidades é onde está un dos desacordos principais que poden esnaquizar as intencións de ir cara a un segundo Protocolo de Quioto -2012 está á volta da equina- en Copenhaguen. Os países ricos pretenden canear as súas responsabilidades tomando como referencia as emisións actuais, mais non as históricas, como quere por exemplo Brasil.

Asemade, China négase, e con razón, a admitir que é o país máis contaminante, malia que en termos absolutos así o sexa. En 2007 China xa emitiu 6.284 millóns de toneladas métricas de CO2 fronte ao até entón tétrico líder nese campo, os EUA, que botaron ao aire 6.007 millóns de toneladas nese mesmo ano. Mais os chineses queren que se teñan como referencia as emisións per capita e non emisións por países.

Problema da humanidade ou dos Estados?
É un problema da humanidade ou dos Estados? Mentres cada estadounidense botou á atmosfera 19 toneladas de anhídrido carbónico en 2006, cada chinés -son un sexto da poboación mundial- botou só 4,6 toneladas. EUA está nos postos altos desta clasificación -posto 9º, detrás de países irrelevantes en volume de emisións como Qatar, Emiratos Árabes, Kuwait ou Luxemburgo-, mentres que China anda moi lonxe, polo posto 96º.

Deste xeito, as negociacións en Copenhaguen faranse segundo os intereses de cadaquén, e non segundo os intereses do Planeta. O Grupo Intergobernamental sobre o Cambio Climático (IPCC) afirma que nada se fará se as emisións de GEI non minguan até un 45-50% de aquí a 2020 e até un 85-100% de aquí a 2050. Do contrario, nesta última data, a Terra pode quecer até dous graos de media, límite a partir do cal as consecuencias serían catastróficas.

No entanto, os intereses económicos priman sobre calquera outra cousa, e os Estados entraron nunha espiral de ridículos ofrecementos moi pouco críbel, se nos atemos ao acontecido até o de agora. A Unión Europea, que negocia en bloque no seo da Convención, fala dun 30% -coa referencia de 2020- como máximo se os demais países asumen compromisos similares. Se non é así, un 20% abóndalles.

Poucas esperanzas
Os países en desenvolvemento falan dun 45%, Xapón dun 8% e EUA non fala. O máis probábel é que Obama chegue a a Copenhaguen sen nada. E nada se poderá facer sen o compromiso norteamericano. O tratado que Al Gore presentou ao Congreso estadounidense para asumir a súa responsabilidade na mudanza climática non parece que teña posibilidades de prosperar.
Fuente y autor: Manoel Santos/vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg