O capital empeñado no Monte de Piedade de Caixanova crece un 47%
Os efectos da crise económica, coa forte suba do paro á cabeza, e a alza do número de inmigrantes provocaron durante 2008 un espectacular rexurdimento da actividade dos Montes de Piedade, que non se rexistraba en España desde a década dos sesenta. Este aumento, perceptible nos vinte e un existentes no noso paÃs, fixo que o número de préstamos concedidos por estas entidades subise un 20,6% con respecto ó ano anterior, ata situarse en 417.179 contratos, cun saldo final de capital prestado de 206,68 millóns de euros, un 17% máis que en 2007.
O número de clientes que pisaron por primeira vez unha oficina dos Montes de Piedade o ano pasado foi de 31.273, unha cifra un 50% maior que en 2007. Entre os peticionarios existe unha importante diferenza entre as mulleres e os homes, sendo a proporción entre ambos de 65 a 35, respectivamente. A distribución por idades segue liderada polo tramo que comprende dos 35 ós 50 anos, que suma o 35% dos clientes. O grupo de idade máis pequeno fórmano as persoas maiores de 65 anos, que realizan o 11% este tipo de operacións. No medio sitúanse os de entre 50 e 65 anos (29%) e os de entre 18 e 35 anos (25%). Outro dato de interese é a proporción de inmigrantes entre os clientes dos Montes de Piedade, que se situou no exercicio de 2008 no 18%. A cantidade media dos créditos concedidos polos vinte e un Montes de Piedade que operan en España non supera os 500 euros e a contÃa situada entre 150 e 300 euros foi a máis outorgada, con 79.008 operacións. De todas as garantÃas empeñadas polos clientes, só o seis por cento saÃu a poxa en 2008, un ano no que foron taxadas máis de nove toneladas de ouro e xoias.
O Monte de Piedade de Caixanova, o único que funciona en Galicia, pechou o ano 2008 con 4.253 operacións vixentes, cun importe de 1.207.294 euros. Estas cifras supoñen un significativo crecemento respecto de 2007, que no caso do capital prestado chega ó 47,4% e do número de contratos ó 24,4%. Na análise do perfil do cliente desta entidade destaca o feito de que volvan solicitar préstamos persoas que non o fixeron nos últimos 15 anos.
Caixanova concede este tipo de préstamos a un prazo máximo de tres anos, cun pagamento de intereses semestral e sen cota de amortización, o que a diferenza das demais operacións do mercado. Ademais, os contratos pódense cancelar ou amortizar anticipadamente sen ningún tipo de comisión.
CON AVAIS
O xuro vai dun 5 ata un 8,5%
O tipo de xuro das operacións oscila entre un 5 e un 8,5 por cento e o Monte de Piedade tamén cobra unha cantidade pola taxación. Os obxectos que avalan as operacións son normalmente xoias.
Fuente: gaicia hoxe




