Economistas

O comercio entra en xogo

Un factor clave pode impedir calquera solución para o planeta: o libre comercio.

Máis aló dos intereses particulares dos diferentes Estados, existe un outro factor, de meirande calado, que pode impedir calquera solución para o planeta: o libre comercio.

Dez anos despois daquel intre histórico en que os movementos antiglobalización fixeron fracasar a Rolda do Milenio da Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle, o ente regulamentador e fiscalizador do Mercado mundial, que pode cambiar leis dos Estados membros para defender os intereses das corporacións, reúnese na súa sétima Conferencia Ministerial en Xenebra, entre o 30 de novembro e o 2 de decembro.

A xuntanza, que ao contrario ca a de Copenhaguen -moi vendíbel diante da opinión pública- pasa á mantenta desapercibida por quen manda nos medios de comunicación hexemónicos, pretende relanzar novamente, despois dos fracasos de Cancún (2003) e Hong-Kong (2005), a Rolda de Doha, asinada na capital de Qatar (2001) para fuxir da presión que os movementos sociais mundiais exercían desde Seattle.

Segundo Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción: "o Dereito Comercial Internacional -ou sexa, as distintas normas de comercio e investimentos- estabelece restricións severas á capacidade dos gobernos para promover medidas de redución drástica de emisións, como deixar os combustíbeis fósiles no subsolo, prohibir a importación de bens e de materias primas que fomentan a deforestación -como minerais, soia e aceite de palma-, ou o peche -parcial ou total- e/ou reconversión de sectores industriais -cementeiras, centrais térmicas de carbón, fábricas de coches, refinarías, etc".

Primeiro comercio, despois clima
E é que cando os poderosos falan de clima realmente están a falar de comercio, de cartos. Falan de mercados de emisións que permitan aos países industrializados do Norte seguir a contaminar mercando o CO2 que non se produce no Sur; de mercar, ocupar e concentrar terras para producir agrocombustíbeis; de crear monopolios de enerxías renovábeis e "tecnoloxías limpas" empregando dereitos de propiedade intelectual; de desprazar millóns de persoas das súas terras para dar conta de macroproxectos que, como as grandes hidroeléctricas, reverterán no ben do Planeta. Ou dos seus petos. Falan, ao cabo, de comerciar cos "servizos ambientais", un suculento negocio que, asemade, ten que ser garantido con subsidios estatais e magnos acordos internacionais para así manter o crecemento económico que está a esnaquizar a Terra e a meirande parte da humanidade.

Os diálogos de fondo sobre o clima xiran realmente ao redor destes negocios, e as discusións da OMC tratan de botar unha man impedindo o desenvolvemento de solucións reais e responsábeis, como a soberanía alimentaria e o regreso das economías labregas, como a soberanía enerxética descentralizada -exercida polos pobos sen monopolios transnacionais-, como a transferencia de tecnoloxía ao Sur para paliar o cambio climático provocado polo Norte, como as reformas agrarias, como a suspensión dos dereitos de propiedade intelectual e especialmente das patentes sobre formas de vida e medicamentos básicos, etc.

Volvendo a Tom Kucharz: "Podemos concluír, que un paso importante nas loitas para frear o Cambio Climático é facer descarrilar a Rolda de Doha e afundir a OMC. Comercio e Cambio Climático están totalmente interrelacionados, así que os movementos que traballan estes temas deberían traballar xuntos para superar a súa separación artificial".

Os movementos
A experiencia demostra que confiar nos Estados ou nos políticos que, como ben di Xusto Beramendi, son miopes pois só ven o que está preto -cando non astigmáticos de vez-, non garante en absoluto unha saída a este camiño catastrófico emprendido pola humanidade. Son os movementos sociais, como fixeran en Seattle, e despois en Praga, en Goteburgo, en Xénova, en Barcelona ... os que poden facer ver á opinión pública mundial que arrefriar o planeta non custa tanto, mais ninguén quere pagar un peso.
Fuenet y autor: Manoel Santos / vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg