Economistas

Onde estamos?

galego.gifUn dos mantras repetidos polos activistas da galegofobia é que toda a paisaxe urbana en Galiza está en lingua galega. As sinalizacións de rúa, os indicadores viarios, os sinais de tránsito, os nomes de lugar e, segundo algúns, tamén os rótulos comerciais están neste inintelixíbel idioma romance.

Conclúen que tal situación vulnera dereitos civís. O que acontece é que non está moi claro cales e en que declaración internacional figuran. Existe o dereito a non ver un texto en galego na vía pública? É unha imposición intolerábel que existan lugares con nomes tan rebuscados como A Gaiteira, Areeiros, Carballo, Sanxenxo ou Santa Uxía de Ribeira co eufónicos e elegantes que serían topónimos en castelán como La Gaitera, Arenales, Roble, San Ginés ou Santa Eugenia de la Ribera? Ofende ou molesta que en Galiza haxa unha lingua propia? Úsase o galego para incordiar?

Se se dar un paseo cunha ollada limpa por calquera das nosas rúas ou parroquias, concluirase que a situación dista de ser a que presentan eses grupos ou dirixentes políticos galegófobos. Talvez sexa a aversión que lle teñen ao idioma propio do país o que lles fai sentir malestar xeral cando se atopan cun indicador cun texto incomprensíbel para calquera falante dunha lingua romance, por exemplo "Todas as direccións", "Saída" ou "Centro cidade". Xa sen brincadeiras, o que consideran intolerábel é que haxa algún espazo social onde a lingua galega consiga asomar un pouco a cabeciña e romper algúns esquemas diglósicos, fronte a hexemonía abrumadora e abafante do castelán.

A pesar dos falaces histrionismos dos grupos e persoas que desexan desprotexer a lingua galega, é de xustiza reclamarmos que teña unha presenza normal na paisaxe urbana. É o que lle corresponde no seu espazo social xenuíno e natural, como idioma propio do país. Para conseguirmos iso, temos de manter acesa a nosa acción reivindicativa e de presión cara a todas as administracións con competencia na materia.

Lingua excluída

Hai normas estatais que regulan a presenza do idioma galego nas sinalizacións dos edificios administrativos e nas indicacións viarias. Lustros despois de se promulgaren, a realidade é que a lingua de Galiza continúa a estar infrarrepresentada, for en rótulos vellos for en sinais que se acaben de colocar. É unha irregularidade que está aí, aos ollos de quen quixer velo: as Administración incumpren decote a lexislación no que di respecto a ter presente a lingua galega.

Un bo exemplo é o caso das sinalizacións aeroportuarias, que por lei teñen que estar en galego, castelán e inglés. Traballadores de AENA e usuarios dos servizos aéreos presentaron ducias de reclamacións para que o Goberno central cumprise e incluíse tamén a lingua galega en Alvedro, Lavacolla e Peinador. O debate mesmo chegou en diferentes ocasións ao Congreso, grazas aos deputados do BNG, que insistiron para que se deixase de excluír o idioma galego. Grazas a todo iso conseguíronse adiantos ben importantes, aínda que non é unha situación resolta de vez. Vemos, pois, que non é por falta de demanda social nin de base xurídica que a Administración Xeral do Estado cumpra en Cataluña coa mesma lei que, a sabendas, desouviu durante anos en Galiza. Quen exclúe e quen suma? Quen incumpre as normas aprobadas en democracia e quen as defende?

Outro caso que clama ao ceo é o das autoestradas. Tamén aí hai unha norma para o conxunto do Estado, de comezos da década de 80, que estabelece que os rótulos teñen que estar tamén na "lingua cooficial". Por se hai algunha dúbida, o galego ten ese recoñecemento. Mais onde están os coristas da "libertad lingüística" e o "bilingüismo harmónico" cando se descarta ao 100% a presenza do galego nas autoestradas que transcorren por Galiza?

A Mesa pola Normalización Lingüística realizou diferentes xestións coas administracións e empresas implicadas, para tentar que se corrixise esa irregularidade. Os froitos, até o momento, non chegaron. Por iso, nestes momentos estase a valorar con toda seriedade a posibilidade de iniciar un proceso xudicial para que o galego teña o lugar que lle corresponde nos sinais e paneis informativos das autoestradas.

Tamén se elevaron queixas ao Defensor e ao Valedor do Pobo, mais ambos responderon coa súa frialdade ou desinterese habitual en todo o que teña a ver coas inxustizas que se cometan contra o galego. O Valedor chegou á provocación de lle reclamar á asociación en defensa do idioma cada punto quilométrico en que existía un sinal que non estivese en galego ou, do contrario, arquivar a queixa sen realizar ningunha xestión. Nunha entrevista en persoa, respondinlle a Benigno López que sería máis doado que lle achegásemos unha guía Campsa ou semellante, para que vise o trazado das autoestradas, porque a nosa queixa dicía ben clariño que non existen sinais neste idioma e é máis que abusiva a súa petición.

Calle / Rúa

No rueiro das nosas vilas e cidades os adiantos son máis palpábeis, aínda que hai carencias relevantes e existen firmes ameazas de retrocesos. Por exemplo, o candidato do PP á alcaldía de Santiago é partidario de mudar as "rúas" por "calle/rúa". Que o galego teña menos presenza pública é, para el, unha prioridade, aínda que supoña romper consensos históricos na cámara municipal compostelá (que se remontan a mesmo antes do golpe do 36) e gastar unha importantísima cantidade de diñeiro niso (por exemplo, os sinais da zona vella están feitos en pedra).

Mais para os señoritos neocons que agora dirixen o PP en Galiza é estratéxico hibridar o rostro do país, como se o galego fose unha lingua de segunda, inútil para a comunicación e para a cohesión social. Aquí, como case sempre, o argumento favorito é que o galego constitúe unha barreira para a xente de fóra, especialmente para os turistas. É un esquema absurdo, en absoluto constatado en feitos reais e que, ademais, non se aplica en ningún lugar do mundo. De verdade nos queren convencer de que os turistas se perden por rotular como "Rúa Nova"? Será mellor se figura "Calle / Rúa" e "Nueva / Nova"? E que se pretendería facer coa "Praza do Obradoiro"? Convertela nunha absurda "Plaza del Taller"?

Observemos, ademais, que a palabra "rúa", alén de ser a forma galega, existe tamén en español e mesmo figura nos indicadores dalgunhas cidades ben castelás, sen que ninguén o cuestione, moito menos con razoamentos disparatados. Moi ao contrario, aí vese un sinal de riqueza cultural, unha expresión de "castelán antigo". Debería preguntárselle a Conde Roa se, no caso de se candidatar por Salamanca, tamén proporía que a "Rúa Mayor" (sic) desa cidade se pasase a chamar "Calle / Rúa Mayor". Ou é que aí non se perderían os turistas?

Os pasos avanzados na presenza do galego nestes usos foron froito dunha presión social intelixente e persistente, que debe manterse. Porque sen reivindicacións non hai conquistas. Se non solicitamos e demandamos a presenza da nosa lingua, como poderemos evitar a súa exclusión?

Nestes anos, realizáronse centos de actos públicos de cambios de placas, entrevistas con representantes institucionais e recollidas de sinaturas para que a lingua propia de Galiza ocupase o lugar que lle corresponde nestes lugares de grande relevo simbólico. Temos aínda moito traballo por diante e na nosa man está que se faga.

Só nos leva uns minutos presentar unha queixa cando, por exemplo, unha administración sinaliza unhas dependencias públicas ou rotula unha estrada sen que o galego estea presente, ou dándolle o trato de idioma secundario. Se non axudamos a corrixilo, facemos parte do problema.

Fuente y autor: Reproducimos o artigo publicado esta semana polo presidente da Mesa en Galicia Hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg