Economistas

"Consello da Cultura Galega. Proposta institucional do Consello da Cultura sobre a Lingua Galega ao Parlamento de Galicia" (sic)

galego.gif"Segundo a Lei do Parlamento de Galicia que o creou, que pola súa vez desenvolve un mandato do Estatuto de Autonomía de Galicia (art. 32), o Consello da Cultura Galega é un organismo oficial da nosa comunidade autónoma que ten como finalidade principal a defensa e promoción dos valores culturáis galegos (Lei 8/1983, do 8 de xullo, art. 1º).

Entre as competencias que lle atribúe a dita lei cóntanse a de "fomentar a lingua e a cultura galegas" (art. 6º, a) e a de "elevar aos poderes da Comunidade autónoma informes e propostas a favor da defensa e promoción" dos devanditos valores culturáis (art. 6º, e).

Ante o intenso debate social e político que se está a producir en Galicia arredor das políticas relacionadas coa lingua galega, en exercicio da responsabilidade e das atribucións que a Lei He confire, o Consello da Cultura aproba o presente memorando para a súa consideración por parte do Parlamento de Galicia, da Xunta e da opinión pública galega.

2.
O debate sobre as linguas en Galicia foise intensificando nos últimos anos e acabou derivando nunha controversia política e social envolveita nunha excesiva virulencia, e polo mesmo, ao noso entender, seriamente prexudicial para os intereses xerais do país. Sen dúbida, as discusións públicas son benvidas, como síntoma tanto da vitalidade da nosa democracia canto da preocupación, amplamente espallada na nosa sociedade, sobre os caminos máis acaídos para ordenar a nosa convivencia, procurando un estatus de normalidade á lingua propia de Galicia, sen mingua dos dereitos dos cidadáns e cidadás que teñen como lingua habitual o castelán. O que resulta negativo e ata pernicioso para o clima social, e particularmente para o idioma galego, é que os ditos debates dexeneren en polémicas irracionais, nas cales se chegan a poner en cuestión as bases sobre as que se sustenta a nosa identidade e cohesión social, e incluso a propia lexitimidade das políticas de promoción do galego.
En concreto, a asociación entre o idioma galego e a imposición, dunha banda, e o idioma castelán e a liberdade, da outra, resulta unha groseira falsificación da realidade que carece de toda base na historia, remota e recente, do noso país.

Estamos cabalmente convencidos de que o obxectivo de arranxar unha organización equitativa da nosa convivencia lingüística, claramente sinalado na nosa lexislación, non só é compatible cun esforzó sostido a prol da promoción do idioma galego como lingua propia de Galicia (tal como sinala o Estatuto de Autonomía), senón que o esixe, pois esta (a lingua galega) precisa dun apoio especial para superar a súa posición actual de desvantaxe, resultado do maltrato que recibiu no pasado. Aínda máis, temos a certeza de que a convivencia das dúas linguas oficiáis de Galicia, galego e castelán, non é unha fonte de problemas e complicacións, senón un potencial de fortaleza e de riqueza da nosa sociedade.

0 galego e o castelán son recursos valiosísimos para Galicia, e a igualdade plena entre eles constitúe un reto de futuro que debemos saber afrontar. Un reto inseparable da necesaria capacitación da poboación galega en linguas de difusión internacional, nomeadamente o inglés e o portugués, isto é, na difusión da competencia plurilingüe que vén esixida polas novas tendencias do mundo contemporáneo.

3.
O fomento dun clima de controversia social e de enfrontamento entre falantes dunha e outra lingua, o discurso da acusación e da sospeita constante contra o galego, deben ser substituidos por unha atmosfera de debate sereno e informado e pola procura de acordos ampios que permitan restablecer unbas bases sólidas desde as que encarar un desafío e un proceso históricos, como é o da recuperación do galego. Será imposible avanzar cara a este obxectivo a base de improvisación e da imposición, de medidas que non conten cun ampio consenso político, social e institucional.
Somos conscientes de que o problema da lingua non se esgota nas medidas das institucións públicas nin no ámbito dos programas e debates políticos, senón que é unha cuestión que atinxe á sociedade no seu conxunto. Resulta indiscutible que a responsabilidade sobre a recuperación da lingua debe ser partillada polo conxunto do país. Dito isto, non deixa de ser certo que, tal como establece a lexislación vixente, os poderes públicos están investidos dunlia responsabilidade especial. En particular, á Xunta de Galicia corresponde exercer o liderado dése proceso de recuperación e dignificación do idioma galego, como está inequívocamente plasmado ñas nosas leis.

4.
Ao entender do Consello da Cultura Galega, as liñas xerais da política lingüística en Galicia deben apoiarse nunhas bases firmes, que non son outras que un amplo consenso social e político --coma o que serviu de base para a aprobación no seu día da Lei de Normalización Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega-, e o respecto ao conxunto da nosa lexislación lingüística básica, en particular a devandita Lei de Normalización Lingüística. Nela queda asentado que o galego, como lingua propia de Galicia, é a que a representa politicamente. Será oportuno lembrar os artigos que constitúen o espinazo desta Lei:

Art. 1- "O galego é a lingua propia de Galicia."

Art. 4.- "O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma."

Art. 10,- "Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega."

Art. 12.- "O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial en tódolos niveis educativos."

Art. 18.- "O galego será a lingua usual das emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma."

Art. 20.- "Serán obrigas da Xunta de Galicia:

1. Fomentar a produción, dobraxe, a subtitulación e exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

2. Estimular as manifestacións culturáis, represcntacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.

3. Contribuir ao fomento do libro en galego, con medidas que potencien a produción editorial e a súa difusión."

En concreto, no ámbito do ensino, a Lei de Normalización Lingüística marca uns límites e uns obxectivos que necesariamente enmarcan a acción do goberno:

a) os rapaces e rapazas teñen recoñecido o dereito á primeira escolarización e alfabetización na súa lingua materna (art. 13, 1)

b)ao remataren os ciclos de ensino obrigatorio, os estudantes deben posuír unha competencia equiparable nos dous idiomas oficiáis (art. 14,3)

c) o alumnado non pode ser separado en centros nin aulas diferentes por razóns de lingua (só se admite a separación por aulas con carácter excepcional) (art. 13, 3)

En relación co Plan Xeral de Normalización Lingüística, o seu valor como punto de referencia queda de vulto ao ter en conta que foi aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia en 2004, gobernando o Partido Popular, e ratificado tamén por unanimidade en outubro de 2008, baixo un gobernó de coalición PSdG-PSOE / BNG.
Por tanto, foi aprobado en dúas ocasións por unanimidade, baixo gobernos de distinto signo político.

5.
En consecuencia, o Consello da Cultura Galega, que desde a súa fundación vén realizando sucesivos informes e traballos sobre esta cuestión, considera necesario trasladar ás institucións e á opinión pública as seguintes consideracións:

A) As liñas mestras da política lingüística en Galicia, e calquera modificación substantiva da normativa legal vixente, deben ser arroupadas por un ampio consenso político, social e institucional. Un consenso necesario porque a lingua é unha cuestión que forma parte esencial da autonotnía galega, e debe permanecer a rcsgardo dos vaivens políticos e dos cambios de goberno.

B) Calquera que sexa a orientación adoptada polos gobernos galegos no ámbito da política lingüística, en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do galego como lingua propia de Galicia, co obxectivo de sitúalo en pé de igualdade co castelán.

C) Os responsables políticos en xeral e o goberno galego en particular deben impulsar un discurso público en que o idioma galego deixe de formularse en termos de problema e pase a comprenderse en termos de recurso ou activo social. A coexistencia de dúas linguas oficiáis en Galicia non é nin debe contemplarse como unha fonte de complicacións, senón como unha riqueza c unha oportunidade para o noso país, na medida en que a posesión dunha lingua propia reforza a nosa identidade, nos socializa arredor dun proxecto común e nos sitúa perante o escenario da globalización e dos novos tempos, co conseguinte valor económico, político e social.

D) Na procura dunha política equilibradora da posición e da consideración social do galego, e como garantía da capacitación nel das novas xeracións, o goberno galego debe dispor dos recursos necesarios (económicos, tecnolóxicos e humanos) para o seu eficaz desenvolvemento. Estas actuacións non deben reducirse ao ámbito educativo (a pesar da súa importancia capital), senón que deben ir dirixidas ao conxunto da sociedade, procurando concitar a colaboración activa dos axentes civís. 0 funcionariado e o conxunto das institucións e servizos públicos deben estar suxeitos a especiáis obrigas de capacitación e de uso do galego, en función dos dereitos que os cidadáns (os galegofalantes igual ca os castclanfalantes) teñen recoñecidos.

6.
A vista das consideracións devanditas, o Consello da Cultura Galega, en uso da facultade de asesoramento aos poderes públicos que a Lei da súa fundación lle atribúe, ACORDA, na súa sesión plenaria celebrada o día 17 de novembro de 2009, dirixirse ao Parlamento de Galicia, para propoñerlle que promova a constitución dunha Comisión Parlamentaria que, oídas as institucións, colectivos e expertos que considere oportuno convocar (e se así o require, co asesoramento do propio Consello da Cultura Galega), elabore unha proposta de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización Lingüística, proposta que deberá elaborarse nos próximos meses e ter como horizonte de aplicación a presente lexislatura.

Ao tempo, o Consello da Cultura Galega fai un chamamento á intelixencia e á xenerosidade das formacións políticas, tanto no goberno coma na oposición en diferentes institucións, para unir vontades arredor dun valor social, o idioma propio, que debe ser sempre causa común e integradora, nunca motivo de discordia e confrontación.
En Santiago de Compostela, a 17 de novembro de 2009" (sic)

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg