Presidente da Deputación, Concelleiro da Coruña, Vicepresidente de Caixa Galicia, Secretario xeral Provincial, etc., ... Un cargo máis e van... Hai 4.123.300 parados!!! Solidario???

O 71,7% dos delegados do congreso provincial do PSdeG na Coruña avalaron este sábado a comisión executiva presentada polo elixido secretario provincial, o lucense Salvador Fernández Moreda, vicepresidente de Caixa Galicia, que recibiu 94 votos a favor e 37 en branco.
O equipo proposto está formado por 32 persoas, das que 17 son homes e 15 mulleres. Nel figuran membros do partido con dilatada experiencia, como os deputados Marisol Soneira e Xosé Luis Méndez Romeu e militantes máis novos como Emilio Vázquez, asesor do Grupo Socialista na institución provincial, que ocupará a Secretaría de Organización.
Nesta nova executiva que acompañará o tamén presidente da Deputación coruñesa, figuran o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen asume o cargo honorífico de presidente; mentres que a concelleira de Boiro Natalia Laiño, se encargará da vicesecretaría xeral. A maiores, o ex conselleiro de Presidencia e deputado, Xosé Luis Méndez Romeu, será o novo secretario de Acción Parlamentaria e a súa compañeira no Pazo do Hórreo Marisol Soneira desempeñará o cargo de secretaria de Acción Electoral.
O alcalde de Culleredo, Xulio Sacristán, será o secretario de Política Municipal, mentres que o de Ares, Xulio Iglesias Redondo, asumirá a Secretaría de Formación. Mentres, a alcaldesa de Bergondo, Alexandra Pérez, será a responsábel de Economía e Emprego. Xunto a eles, estará a concelleira de Santiago Guadalupe Rodríguez, quen asumirá a Secretaría de Movementos Sociais; e o secretario xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Eduardo Ramonde, quen ostentará unha das 11 secretarías executivas. As restantes 17 secretarías, que comprenden áreas como Medio, Sanidade, Educación ou Territorio e Infraestruturas, contan con representación de todas as bisbarras da provincia para conformar a executiva.
Fuente: vieiros



