Economistas

A Academia encaixa pezas para afrontar un tempo político difícil

galego.gif

A Real Academia Galega busca presidente. Logo de concluír o seu segundo mandato, Xosé Ramón Barreiro cesará este venres. A partir dese momento ábrese un período electoral que rematará, a máis tardar, a mediados de marzo. Antes desa data, do vello edificio da rúa Tabernas da Coruña sairá a fumata branca. Os 27 académicos numerarios decidirán quen será o 'primus inter pares'. Mentres, o actual secretario, o profesor Manuel González, será o presidente en funcións.

Na Academia non queren aparcar as tarefas. O propio secretario recoñece que vai traballar para que a institución conte cun novo presidente antes do 15 de febreiro: "A miña idea é que o proceso sexa o máis breve posíbel, que haxa unha reflexión pero que a interinidade non se alongue no tempo", subliña González, que terá que medir nas vindeiras semanas o posicionamento de cada académico.

Os focos céntrase en Xosé Luís Méndez Ferrín. O prestixioso escritor envioulle unha carta ao resto dos académicos para anunciar a súa intención de suceder a Barreiro. Agora, tres membros da Academia terán que avalar formalmente a súa candidatura. O paso adiante desatou a treboada. Por vez primeira na historia, a cabeza visíbel desta institución centenaria pode ser unha das principais figuras da esquerda nacionalista.

E eis o principal atranco ao que terá que facer fronte Ferrín. Case ninguén discute que é unha das pólas máis vizosas que deu a Literatura Galega no último medio século, nin o seu inequívoco compromiso con Galiza e coa lingua do país. Mais a súa histórica militancia política no independentismo bate cos sectores máis conservadores.

"O sentido institucional de Ferrín é irreprochábel"
O catedrático Francisco Fernández Rei é un dos académicos que non dubida en defender contra vento e marea a idoneidade do autor de Con pólvora e magnolias: "O sentido institucional de Ferrín na Academia, tanto dentro como fóra, é irreprochábel. Eu non dubido o máis mínimo de que vai ser unha persoa integradora". O filólogo de Cambados matiza que "hai moitos académicos que poden representar a institución" pero, ao momento, volve facer fincapé nos méritos do "maior escritor vivo".

Membro da Real Academia dende o ano 2000, Fernández Rei dá por seguro que a institución vai manter a súa autonomía fronte a unha hipotética presión política: "Vivín toda a etapa de don Paco (Fernández del Riego) e a de Barreiro. Non sei se hai ou non presións, o que si podo dicir é que a Academia se comportou cunha independencia absoluta, estivese quen estivese no poder. A proba é que con Manuel Fraga gobernando dedicóuselle o Día das Letras a Blanco Torres e a Avilés de Taramancos, gustase isto ou non".

Unha Academia unida para tempos duros
Aínda que polo de agora as maiores críticas a Ferrín chegaron en forma de artigo de opinión xornalística, o certo é que na Academia son conscientes de que á Xunta lle gustaría un candidato cun perfil radicalmente distinto. O choque entre a RAG e un executivo disposto a desfacer políticas de normalización lingüística semella inevitábel. O primeiro aviso foi o manifesto que a Academia deu a coñecer en maio, e no que a institución comezaba a mostrar a súa preocupación polos primeiros pasos do Goberno con respecto á lingua. En setembro chegou o segundo sismo. Nun acto oficial en Celanova, Xosé Ramón Barreiro deixou estupefacto a Feijoo: "A primeira obriga que teñen os poderes públicos é fomentar o sosego, a paz e a tranquilidade e non crear problemas sobre estes e outros puntos".

O secretario da RAG fala con prudencia. Mais a través das palabras de Manuel González pódese ver con claridade o momento histórico que vive a institución: "A min non me escandaliza que haxa varias candidaturas, aquí hai un proceso democrático. O que é desexábel é que a candidatura que presente o presidente teña un apoio moi maioritario. Nestes momentos que estamos vivindo necesítase, diante de todo, moita unión. Sería moi perigosa unha fragmentación cando vai haber que tomar decisións moi importantes".

Para González, ao igual que para outros académicos consultados, tan importante ou máis cá figura do presidente é a Comisión Executiva que o acompaña e aí é onde hai que tecer os consensos e integrar as diferentes sensibilidades ideolóxicas da Academia. Esta dirección terá que xestionar uns meses que se adiviñan máis que conflitivos. Coa Academia apurando a súa intineridade, chega o terceiro sismo: o novo decreto lingüístico para o ensino.
Fuente y autor: Ramón Vilar/vieiros

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg