Economistas

A fusión das caixas pode restar 1.800 millóns en financiamento

Os empresarios galegos poderían ver reducidos os seus créditos pola "excesiva concentración" que suporía para unha soa entidade facerse cargo de todas as carteiras de clientes ·· Caixanova insiste no seu "non" á alianza porque así blinda a obra social e os investimentos.

Ás veces pódese dicir misa, pero se as condicións non varían, ¿por que ía cambiar a posición de Caixanova sobre o seu futuro no proceso de concentración e alianzas aberto en España? Fontes de toda solvencia da caixa con sede en Vigo aseguráronlle onte a este xornal que, a día de hoxe, a financeira segue pensando "que a suma das dúas caixas galegas é inviable", tal e como detallan as análises que obran no seu poder. Por iso, continúan coa súa estratexia de negarse "rotundamente" á fusión, e a manter a vía do sistema Institucional de protección (SIP) con entidades homólogas solventes doutras comunidades.

"Naturalmente, non tomaremos ningunha decisión ata que conclúa o proceso de due diligence, e a auditora KPMG conclúa os seus traballos", confirmábanlle onte a este diario as mesmas fontes. E é que Caixanova mantén un "pleno convencemento" de que a auditoría realizada pola prestixiosa firma Deloitte -á que o Banco de España lle adxudicou vía concurso a análise das peticións que se fagan ó Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, o FROB- pouco ou nada pode diferir nas súas conclusións sobre a conveniencia da fusión con Caixa Galicia da que sairá da análise de KPMG, chamado a darlles credibilidade ós datos achegados pola Xunta, que ao parecer non convenceron a todas as partes implicadas.

Ó preguntarlle polas presións que reciben para que modifiquen o seu criterio, en Caixanova cren que son "normais" vindo de onde veñen, aínda que de momento aseguran que non lles afectaron "para nada", nin ó seu consello, nin ós que van tomar a decisión última de "negarse á fusión co norte".

Con respecto á lei de caixas, que os tres partidos e o Goberno de Alberto Núñez Feijóo queren sacar adiante antes de fin de mes, están "convencidos" de que "non condicionará un proceso como o da fusión", que se ve afectado "por moitos outros factores". Entre eles, citan o feito de que ós empresarios de Galicia se lles poderían reducir os créditos en máis de 1.800 millóns de euros, 300.000 millóns de pesetas, "pola excesiva concentración que suporía para unha soa caixa" facerse cargo das carteiras de investimento que hoxe en día suman as dúas.

O SIP que propón Caixanova sería "un beneficio para a entidade" e tamén para as súas aliadas, probablemente Cajastur e Caja Murcia. "E o bo deste sistema é que é reversible", a pesar de todas as mensaxes lanzadas en contra desta tese polos partidarios da fusión. "As decisións tomaríanse en Galicia e a obra social manteríase na súa totalidade", sen os recortes de ata un 40% que podería carrexar a fusión galaica, segundo calcularon algunhas fontes financeiras.

A POSTURA DO PRESIDENTE Feijóo: "¿Opción máis solvente?: Non, pero si a máis galaica" x

Os dous criterios marcados co­mo básicos, dogmas de fe e con­dición sine qua non e parte fun­damental da folla de ruta no período de consultas aberto polo presidente da Xunta, Al­berto Núñez Feijóo, foron dous: galeguidade e solvencia. Para lo­grar xuntar ambas, o Goberno galego decantouse pola fusión de Caixa Galicia e Caixanova, aínda que neste caso o peso pa­rece decantarse máis polo pri­meiro dos condicionantes.

En senllas entrevistas conce­didas a medios escritos galegos, o titular do Executivo autonómi­co explicaba a súa postura: prefire no futuro contar cunha ca­ixa galega forte, que deixar os dous ós ventos de alianzas fo­ráneas que a longo prazo, ó seu enten­der, diluirán o seu carácter galaico, a máis diso afastar os núcleos de de­cisión fóra de Galicia e, por que non dicilo, tamén reducirán de forma drástica a capacidade de control e as competencias da propia Xunta nas caixas.

Con todo, o titular da Xunta sincerábase e admitía que había outras opcións sobre a mesa que, aínda que ofrecen­do maiores cocientes de solvencia das alianzas resultantes, algo que saben tamén na Conse­llería de Facenda, incumprían, ó seu entender, o leiv motiv da galeguidade, que aprobaron de forma unánime os tres grupos políticos no Parlamento galle­go, apoiaron os empresarios e coa que comungaron ademais os sindicatos. Feijóo abría a porta a que poida fallar o pro­ceso de fusión do que se converteu en mecenas, alegando que, se isto chega a ocorrer, ha­bería que ter "outros pla­ns". Cónstanos que Caixanova tenos xa de raíz. E Caixa Ga­licia non cremos que queda parada sen explorar a vía B.

Avanza a reforma exprés da Lei no Parlamento

Os populares presentarán o sábado o seu propio texto para a reforma exprés de Lei de caixas. Na xornada de onte, tocoulle a quenda ó PSdeG, que nas emendas á norma definida polo BNG incluirá que a representación autonó­mica nos órganos de direc­ción das entidades galegas sexa de en torno ó 15%, segundo avanzou o deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga.

En declaracións a Europa Press, o voceiro parlamentario do grupo do PSdeG explicou que os socialistas traballan na redacción do seu texto, o prazo de presentación de emendas expira o próximo sábado, 12 de decembro, que aínda non está pechado, pero para o que xa perfila a representación autonómica que defenderán. "Ten que ser unha porcentaxe significativa, pero en todo caso inferior á que manteñen os concellos ou as entidades fundadoras", expuxo o socialista.

Na actualidade, as corporacións municipais teñen un peso do 25 por cento na Asem- blea Xeral de Caixa Galicia , integrada por un total de 160 conselleiros, igual que as entidades, o que supón 40 en cada caso. Este mesmo órgano conta con 158 membros en Caixanova e, deles, o 24% (38) corresponden a municipios; ás entidades fundadoras un 17,7% (28) e ás non fundadoras un 7,6% (12).

Coa proposta do PSdeG, que rebaixa a do BNG, que é do 20%, as asembleas de ambas as dúas caixas galegas contarían, se se aplica a porcentaxe ao escenario actual, con 24 representantes autonómicos. Fernández Leiceaga sinalou que as emendas do seu grupo, que serán presentadas o sábado, revisarán "a fondo" o procedemento de elección dos responsables nos consellos de administración, "sector por sector".
Fuente: S. RIVEIRO /galicia hoxe

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg