Mar Barcón afirma que Feijóo "está preparando o escenario do seu fracaso na xestión do futuro das caixas buscando culpables fóra"
A portavoz do PSdeG, Mar Barcón, afirmou que Feijóo "está preparando o escenario do seu fracaso na xestión do futuro das caixas buscando culpables fóra e responsabilizando a outros", como demostran as súas declaracións hoxe na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, nas que acusou ao Goberno central de aplicar un "dobre raseiro" no proceso de reestructuración das caixas.
Mar Barcón sinalou que Feijóo opta por "botar balóns fóra" e responsabilizar ao Goberno Central, ao Banco de España e ao PSdeG do seu "fracaso", e advirte que con esta estratexia "non poderá ocultar a súa calamitosa xestión no debate do futuro das caixas galegas".
A portavoz dos socialistas galegos esixiu a Feijóo que poña sobre a mesa as informacións das que dispón, xa que "as escusas de mal pagador que deu hoxe evidencian que ten máis datos dos que recoñece".
Mar Barcón cuestionou ademais o "rigor do Goberno galego" defendido por Feióo, ao que pediu que explique "se cando fala de rigor se refire á filtración, por parte do seu goberno, dunha auditorÃa sobre as dúas entidades galegas que está sen finalizar".
"A conducta irresponsable de Feijóo estase a converter no principal obstáculo para garantir o futuro das entidades de aforro galegas", sentenciou Barcón.




