Caballero agoira que a fusión crearÃa unha entidade "débil e con problemas"
"A auditorÃa vai ratificar que a fusión é unha mala opción", afirmou este xoves o alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, asegurando que a hipotética fusión de Caixa Galicia e Caixanova crearÃa unha entidade "débil e con problemas". Malia a posición oficial do seu partido, que deixa aberta a porta á fusión aÃnda que recomenda que o proceso se inicie a través dun Sistema Institucional de Protección (SIP) que manteña a identidade das dúas caixas, Caballero foi belixerante coa posibilidade da fusión.
"Non haberá fusión", insistiu o rexedor vigués, indicando que o seu partido está a prol de agardar polos informes independentes e afirmando estar seguro de que eses informes revelarán que a fusión de Caixa Galicia e Caixanova non crearÃa unha entidade abondo forte. Deste xeito, e malia a presunta fortaleza que o propio Caballero teimou noutras ocasións en atribuÃrlle a Caixanova, do mesmo xeito que o resto das administracións lle atribúen tamén a Caixa Galicia, insinuou o alcalde que o detalle da situación das entidades revelará un escenario peor do que confesan oficialmente.
Segundo a análise de Abel Caballero, a Xunta "oculta datos". AsÃ, o mandatario vigués pregúntase por exemplo que volume de axudas deberá solicitarlle ao Banco de España a caixa fusionada, que indicadores ofrecerÃa e que pasarÃa coa concentración crediticia. Teimou o alcalde da cidade olÃvica en que a fusión non a quere "nin Caixanova", nin os empresarios pontevedreses "nin os cidadáns". "Non serÃa boa para a economÃa de Vigo", advertiu. De paso, subliñou que a decisión anunciada pola Xunta este xoves é a escenificación dunha decisión polÃtica "tomada hai moitos meses". Decisión que, analiza Caballero, "é doada de explicar: prÃmanse os intereses do norte de Galiza sobre as lexÃtimas aspiracións do sur".
Fuente: vieiros




