Economistas

A Coruña: O Concello aproba o Orzamento Municipal 2010, centrado nos servizos sociais, o impulso á actividade económica e o investimento nos barrios

O pleno municipal aprobou de forma definitiva o Orzamento Municipal para 2010 unha vez desestimadas as alegacións presentadas a este. Na súa intervención ante o pleno, a tenente de alcalde de Facenda, Carmen Marón, subliñou o compromiso do orzamento para 2010 co impulso á actividade económica na cidade, o mantemento do investimento nos barrios e o reforzo das políticas sociais municipais. A cidade dispoñerá polo tanto o ano que vén do segundo orzamento investidor máis alto da historia para facer fronte á crise, unha vez que se incorpore o Fondo Estatal. En total serán 53,4 millóns de euros destinados integramente a investimento en obras, proxectos novos e actuacións que chegarán a toda a cidadanía e a todos os barrios.

O Orzamento Municipal de 2010 ascende a 210,7 millóns de euros. A pesar de baixar un 4,34% trátase do segundo orzamento municipal máis alto da historia da cidade. É máis, esta rebaixa débese fundamentalmente á baixada dos ingresos pola participación nos tributos procedentes do Estado, que caeron un 17,9%. A pesar diso, a Facenda Municipal ten a capacidade de compensar este descenso en 14 puntos, minorando notablemente a súa incidencia nos Orzamentos Municipais. En canto ao Orzamento Consolidado, que inclúe as contas do IMCE, Emalcsa e Emvsa, alcanza os 236.000.174,76 euros, cun descenso do 3,39%.

O Orzamento é reflexo dunha Facenda Municipal saneada e forte, que a pesar da conxuntura económica é capaz de facer fronte ás súas obrigas e responder as demandas e prioridades dos coruñeses. Son unhas contas marcadas polo equilibrio e a estabilidade financeira. E a pesar da conxelación dos impostos e taxas municipais, a Facenda Municipal é capaz de amortecer cos seus propios recursos o impacto económico da conxuntura actual e dispoñer dun orzamento investidor.

Trátase dunhas contas realistas, marcadas pola austeridade, e que priorizan tres eixos fundamentais: garantir a calidade dos servizos municipais; potenciar o gasto social e educativo, e manter o ritmo investidor na cidade.

Neste sentido, garántese a execución do proxecto de cidade en marcha, pois non só se atenden as demandas e necesidades inmediatas, senón que tamén se dan pasos para afianzar programas e actuacións de futuro.

Desta maneira, o 42% das contas públicas dedícanse a investimento, políticas de emprego, promoción e xeración de actividade económica; mentres que o 35% destínase a políticas de benestar e gasto social, o que pon de manifesto o compromiso do Concello coa cidadanía.

Doutra banda, o Orzamento tamén recolle o cumprimento dos contratos con empresas e as concesións de servizos sen os que a cidade non funcionaría e que supoñen unha importante inxección económica para manter a cidade entre as mellores de España en canto a calidade dos seus servizos e ao tempo permiten favorecer o emprego e a produtividade.

Ata 160 investimentos en infraestruturas, vivenda e políticas sociais

Os principais investimentos do Orzamento Municipal, recollidas no anexo de investimentos, que alcanza os 27,4 millóns de euros, inciden de maneira especial na renovación das rúas e infraestruturas da cidade, os programas de rehabilitación de vivendas, a construción de novas instalacións municipais coma o Ágora e a aposta polo medio ambiente e a dotación de novos espazos verdes. Entre as 161 accións e proxectos de investimento recollidas no anexo, destacan as seguintes: programas de rehabilitación de vivendas (5,2 millóns de euros); construción e dotación do centro sociocultural Ágora (4,9 millóns de euros); plan de pavimentación e renovación de beirarrúas (2,5 millóns de euros); convenio co Ministerio de Fomento para a construción de vías de servizo para o enlace coa A-6 (2 millóns); construción do parque de Oza (1,2 millóns); renovación do barrio dos Mariñeiros (1 millón de euros); corredor verde da Agra do Orzán (688.000 euros); proxecto arqueolóxico no Castro de Elviña (578.000 euros); construción de novo edificio multiusos no parque da Agra que inclúe escola infantil, centro de día, centro de empresas e Casa da Muller (564.000 euros); construción do polideportivo do Castrillón (500.000 euros); implantación da administración electrónica (175.000 euros); reforma do mercado de Ramón Cabanillas (100.000 euros).

A estes investimentos (27,4 millóns de euros) sumaranse o proxectos que se desenvolverán cos Fondos Estatais, que supoñen outros 26 millóns de euros para actuacións na cidade, sumando así os 55 millóns de investimento que o Goberno Municipal executará o próximo ano.

Preto de 150 convenios de colaboración con entidades sociais

Doutra banda, tamén se concretan preto de 150 convenios de colaboración con entidades, asociacións e agrupacións sociais, deportivas culturais e educativas, que supoñen unha demostración do compromiso do goberno coa cidade e cos colectivos que traballan por unha cidade máis participativa e solidaria. Neste sentido, destacan acordos tan importantes como os seguintes: convenios con APAS (495.000 euros); Rede Coruña Emprego (412.000 euros); erradicación chabolismo (380.000 euros); Programa de Emerxencia Social (265.000 euros); Cooperación ao Desenvolvemento e ONG (200.000 euros); fomento do deporte (150.000 euros); Cruz Vermella (126.000 euros); Fundación Adcor (100.000 euros); Fundación Hermanos Tenreiro (100.000); Asociación Alzheimer (100.000 euros); Fundación Padre Rubinos (80.000 euros); Cáritas (48.000 euros), e Aclad (48.000 euros), entre outros moitos convenios de colaboración.

Ademais, tamén se reforza o compromiso co transporte público, cunha partida económica de 4.343.000 euros. Igualmente, contémplase o financiamento de entes públicos como o IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos) a Fundación Luis Seoane, o Consorcio de Turismo e o Consorcio da Música.

Engadir un comentario

Normas de etiqueta nos comentarios

Dende Xabier Pita Wonenburger, animámolo/a a cumprir as seguintes normas de comportamento nos seus comentarios:

  • Evite os insultos, palabras groseiras, alusións sexuais, vulgaridades o vulgares simplificacións
  • Non sexa gratuitamente ofensivo, e menos aínda, inxurioso.
  • Os comentarios deben ser pertinentes. Respecte o tema formulado no artigo ou aqueles que xurdan de xeito natural no curso do debate.
  • En Internet, adóitanse utilizar alcumes no canto do propio nome, pero usurpar o doutro lector é unha práctica inaceptable.
  • Non escriba en MAIÚSCULAS. Na linguaxe de Internet interprétanse como gritos e dificultan a lectura.

  • Calquera comentario que non se ateña a estas normas poderá ser borrado e calquera comentarista que as rompa habitualmente poderá ver cortado o seu acceso aos comentarios da páxina de Xabier Pita Wonenburger.

    (Se vostede non publicou nunca un comentario nesta páxina debe esperar a ser autorizado para velo comentario publicado, gracias pola espera.)

    O seu email non se mostrará na páxina.



    Foros Activos


    Acceso foros

    Mis recomendaciones

    - Restaurantes
         - A Coruña
         - Gran Canaria
    - Hoteles
         - Gran Canaria
    - Ciudades
         - Italia

    A Coruña

    cab_logo_callejero.jpg
    meteogalicia.jpg



    Enlaces

    banner_turgalicia.png
    banner_112.png
    ::Administración::
       Xunta de Galicia
       Instituto Nacional de Estadística
       Agencia Tributaria
       INEM
       Aqui Europa
       La Moncloa
       Administración del Estado
       Decisión de crear unha empresa

    ::Economía Forense::
        ADMINISTRACIÓN CONCURSAL MARTINSA-FADESA

    ::Mis webs amigas::
       Joseph E. Stiglitz
       Edmund S. Phelps
       John F. Nash, Jr.
       Ferreiro Badía
       Paul Krugman
       Jim Alegrías
       Marcos Ferrara Ferrero
       Derechos humanos en Cuba
       Voces cubanas
       El electrón zurdo
       Yoani Sánchez

    ::Bolsas de Valores::
       Bolsa de Madrid
       Bolsa de Nueva York
       Bolsa de Paris
       Bolsa de Chicago
       Bolsa de Ginebra
       Bolsa de Alemania
       Bolsa de Hong Kong
       Bolsa de Italia
       Bolsa de Londres
       CNMV
       Bolsa de Tokyo
       Bolsa de Toronto
       Bolsa de Frankfurt
       Bolsa de Amsterdam
       The Nordic Exchange
       London Metal Exchange
       Nasdaq
       Bolsa de Corea
       Australian Securites Exchange
       Bolsa mexicana
       Bolsa de Brasil

    ::Finanzas::
       Banco de España
       Banco Mundial
       Tesoro Público
       Fondo Monetario Internacional
       Economistas Forenses
       OCDE
       International Accounting SCF
       Dirección General de Seguros y Fondos de Pensiones
       International Association of Restructuring, Insolvency & Bankruptcy Professionals

    ::Medios de Comunicación::
       La Voz de Galicia
       El País
       CNN
       BBC
       Financial Times
       CBS
       NBC
       Le Monde Diplomatique
       The Times
       The New York Times
       Emisoras de radio
       Listen to the Radio station
       Corriere della sera
       Le Monde
       The economist
       Le Figaro
       Público (Portugal)
       Der Spiegel

    ::WEBS útiles::
       Real Academia Española
       Reloj mundial
       Ciudades del mundo
       Velocidad de tu conexión
       Curso de Galego
       El Socialista
       PSdeG-PSOE
       BBC Learning English
       Corrector de Galego
       Traductor
       Naciones Unidas
       Convertidor de divisas
       Galimap
       Worldwind
       Aprende Portugués
       Juntos desde 1957
       Tu otro médico

    ::Universidades y Escuelas de Negocios::
       Harvard Business School
       Harvard University
       Massachusetts Institute of Technology
       Stanford University
       University of Cambridge
       University of Oxford
       The London School of Economics
       London Business School
       Georgetown University
       The University of Chicago
       INSEAD Fontainebleau
       Cranfield University

    ::Unión Europea::
       Parlamento Europeo
       Consejo UE
       Comisión Europea
       Tribunal de Justicia
       Tribunal de Cuentas
       Comité Económico y Social
       Comité de las Regiones
       Banco Central Europeo
       Banco Europeo de Inversiones
       Representación en España




    Aviso Legal
    Política de Privacidad

    xpw.jpg